France Prešeren
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1800 ![]() Vrba (en) ![]() ![]() |
Morte | 8 de febreiro de 1849 ![]() Kranj (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Austríaco Provincias ilirias Imperio de Habsburgo ![]() |
Educación | Universidade de Viena ![]() |
Coñecido por | Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , avogado , poeta avogado ![]() |
Movemento | Romanticismo ![]() |
Influencias | |
Lingua | Lingua eslovena e lingua alemá ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Ana Jelovšek (pt) ![]() ![]() |
Fillos | Ernestina Jelovšek ( ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/France_Pre%C5%A1eren_-_lithograph_%281866%2C_Pre%C5%A1irnove_poezije%29_02.jpg/220px-France_Pre%C5%A1eren_-_lithograph_%281866%2C_Pre%C5%A1irnove_poezije%29_02.jpg)
France Prešeren, nado en Vrba o 3 de decembro de 1800 e finado en Kranj o 8 de febreiro de 1849, foi un poeta romántico esloveno que é aclamado como o poeta nacional. O seu nome atópase ás veces xermanizado como Franz Prescheren.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa obra máis famosa, Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) inspirouna o seu amor infeliz por Julija Primic (xermanizado como "Julia Primitz") e a morte do seu amigo íntimo, o poeta Matija Čop (Matthias Tschop). Moitos dos versos desta obra están cheos de paixóns agre-doces. Sonetni Venec está escrito nun formato interesante: o último verso dun soneto convértese na primeira liña do seguinte, o que converte os catorce sonetos da colección nunha "guirnalda" entreverada de liricismo emocional: un soneto non pode existir sen o outro. Os primeiros versos dos catorce sonetos forman outro soneto e as primeiras letras destas liñas forman as palabras "Primicovi Julji", "a Julija Primic". O poema de Prešeren "Zdravljica" ("Un brinde") é, desde 1991, o himno nacional esloveno.
O 8 de febreiro, data da súa morte, conmemórase como Festividade da Cultura Eslovena. A súa imaxe aparecía nos billetes de 1000 tolar eslovenos.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: France Prešeren |