Francisco Regueira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 A Coruña, España |
Morte | 22 de xuño de 1978 (85/86 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista |
Francisco Regueira, nado na Coruña cara a 1892 e finado en Buenos Aires o 22 de xuño de 1978, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Arxentina. Participou en moitas iniciativas culturais galegas na Arxentina. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Antón Zapata García a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.[1] Foi un dos asinantes do "Manifesto nacionalista" o 1 de setembro de 1930, con Ramón Suárez Picallo, Lino Pérez, Eduardo Blanco Amor, Pedro Campos Couceiro e Antón Alonso Ríos.[2] En maio de 1931 incorporouse á comisión de prensa de Galicia.[3] Colaborou e despois foi director de Correo de Galicia. Formou parte da Comisión Organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega en 1956. Recibiu unha homenaxe en Buenos Aires en 1964.[4] Finou en Buenos Aires o 22 de xuño de 1978, vítima dun accidente de tráfico.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo de Galicia, 15-12-1929, p. 3.
- ↑ "Arazúa". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Galicia, 24-5-1931, p. 1.
- ↑ Orientación Gallega, 1-1.1964, p. 1-2.
- ↑ La Voz de Galicia, 24-6-1978, p, 41.