Saltar ao contido

Frederico V do Palatinado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrederico V do Palatinado

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Friedrich V. von der Pfalz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1596 Editar o valor en Wikidata
Deinschwang (Eleitorado do Palatinato) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1632 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Maguncia, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepeste Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Rei de Bohemia
4 de novembro de 1619 – 13 de novembro de 1620
← Matias, Sacro Imperador Romano-Germânico (pt) TraducirFernando II de Habsburgo →
Count Palatine of the Rhine (en) Traducir
19 de setembro de 1610 – 1623
← Federico IV el JustoMaximiliano I, Eleitor da Baviera (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAdministración do estado, política e militar Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Praga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata, líder militar, político, Príncipe elector Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde palatino Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Wittelsbach Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsabel da Boémia (1613–1632), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosHeinrich Friedrich von der Pfalz, Carlos I Luís, Eleitor Palatino, Isabel do Palatinado, Príncipe Rupert do Reno, Maurício do Palatinado, Countess Palatine Louise Hollandine, Ludwig von der Pfalz, Eduardo, Conde Palatino de Simmern, Henrieta Maria do Palatinado, Filipe Frederico do Palatinado, Charlotte do Palatinado, Sofia de Hanôver, Gustavo Adolfo do Palatinado Editar o valor en Wikidata
PaisFederico IV el Justo Editar o valor en Wikidata  e Luísa Juliana de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata
IrmánsLudwig Philipp
Isabel Carlota do Palatinado
Luísa Juliana do Palatinado Editar o valor en Wikidata
ParentesJorge Guilherme de Brandemburgo, cuñado
Luísa Henriqueta de Orange-Nassau, curmá entregue
Frederico Henrique de Orange-Nassau, tío
Xurxo II de Gran Bretaña, bisneto
Sofía Dorotea de Inglaterra, bisneta Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Sitio webdeutsche-biographie.de… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5348306 WikiTree: Palatinate-Simmern-2 Find a Grave: 12344851 Editar o valor en Wikidata

Frederico V,[1] nado o 16 de agosto de 1596 en Lauterhofen e finado en Maguncia o 29 de novembro de 1632,[2][3] foi Elector Palatino entre 1610 e 1623, así como rei de Bohemia durante un ano, polo que foi coñecido como Rei de Inverno (en checo Zimní král).[2]

Era fillo e herdeiro de Frederico IV e de Luísa Xiana de Orange-Nassau, a filla de Guillerme de Orange e Carlota de Borbón-Monpensier. Nacido no pavillón de caza Deinschwang no Alto Palatinado, Frederico V sucedeu á morte do seu pai como príncipe elector do Palatinado do Rin no Sacro Imperio Romano Xermánico en 1610, baixo a tutela do conde Xoán II des Deux-Ponts ata 1614.

Vida pública

[editar | editar a fonte]

En 1619 os Estados protestantes de Bohemia se rebelaron contra o católico Emperador do Sacro Imperio Fernando II e ofreceron a coroa de Bohemia a Frederico, escolléndoo debido a que era un membro influente da Unión Protestante, unha organización fundada polo seu pai para protexer o protestantismo no Imperio.

En agosto de 1619, descontentos con Fernando II, o sucesor de Matías de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, os Estados de Bohemia, cunha maioría de protestantes mentres que Fernando era católico, depoñen a este e propoñen ceder o título a Frederico V.

Aínda que ao principio Frederico expresa reticencias, finalmente acepta a proposta. Esta acción será un dos factores que contribuirán ao desencadeamento da guerra dos Trinta Anos. É coroado en Praga, o 4 de novembro de 1619,e a súa esposa éo tres días máis tarde. Pouco despois, Fernando II inicia unha ofensiva para recuperar a coroa de Bohemia.

Os seus aliados na Unión Protestante non lle apoiaron militarmente ao asinar o Tratado de Ulm (1620), pero abandonado despois polas potencias estranxeiras e pola Unión Protestante, Frederico V, con poucos medios financeiros e humanos, non logra conter aos exércitos de Fernando e sofre unha derrota ante Tilly, na batalla da Montaña Branca o 8 de novembro de 1620, é dicir, un ano e catro meses logo do seu entronización. Por iso herdaría o alcume de «rei dun inverno» (Winterkönig en alemán).

As forzas imperiais de Maximiliano I de Baviera invadiron o Palatinado e tivo que fuxir a Holanda en 1622. Un edicto imperial privouno formalmente do Palatinado 1623. Viviu o resto da súa vida no exilio coa súa esposa e familia principalmente na Haia, antes de morrer en Maguncia en 1632.

Matrimonio e fillos

[editar | editar a fonte]

Resultado: O 13 de febreiro de 1613, contraera matrimonio con Isabel Estuardo (1596-1622), coa que tivo 13 fillos:

  • Hrenrique Frederico (n. Heidelberg, 2.1.1614 - m. afogado, Haarlem Meer, 7.1.1629).
  • Carlos I Luís (n. Heidelberg, 1.1.1618 - m. Edingen, 28.8.1680), elector palatino (1648-1680) tras recuperar os estados do seu pai polo Tratado de Westfalia.
  • Isabel (n. Heidelberg, 26.12.1617 - m. Herford 11.2.1680), abadesa de Herford; soado pola correspondencia filosófica que sostivo con René Descartes.
  • Ruperto (n. Praga, 17.12.1619 - m. Londres, 29.11.1682), coñecido como o Príncipe Ruperto; foi creado polo seu tío o rei Carlos I de Inglaterra como duque de Cumberland e conde de Holderness (1644), sendo o encargado de dirixir a cabalería real durante a Guerra Civil.
  • Mauricio (n. Küstrin, 6.1.1621 - m. afogado, Antillas, 10.3.1654).
  • Luísa (n. A Haia, 17.4.1622 - m. Maubuisson, 11.2.1709), monxa, abadesa de Maubuisson, en Francia.
  • Luís (n. A Haia, 21.8.1623 - m. A Haia, 24.12.1624).
  • Eduardo (n. A Haia, 6.10.1624 - m. París, 13.3.1663), conde palatino de Simmern; convértese ao catolicismo romano.
  • Henriqueta María (n. A Haia, 17.7.1626 - m. Saróspatak, 18.9.1651), casada con Sexismundo Rákóczi, Príncipe húngaro de Transilvania.
  • Filipe (n. A Haia, 16.9.1627 - m. caído en batalla, Rethel, 16.12.1650).
  • Carlota (n. A Haia, 19.12.1628 - m. A Haia, 23.1.1631).
  • Sofía (n. A Haia, 14.10.1630 - m. Schloss Herrenhausen, 8.6.1714), declarada presunta herdeira das coroas de Inglaterra, Escocia e Irlanda en 1701; casada con Ernesto Augusto de Brunswick-Luneburgo, elector de Hannover.
  • Gustavo Adolfo (n. A Haia , 4.1.1632 - m. A Haia, 9.1.1641).
  1. "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Parker, Geoffery. "Frederick V (elector Palatine of the Rhine)". Encyclopaedia Britannica. Encyclopaedia Britannica. Consultado o 16 de agosto 2014. 
  3. Brown, Gregory. "Friedrich V.". Leibnitiana. The Houston Circle for the Study of Early Modern Philosophy. Consultado o 16 de agosto 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]