Saltar ao contido

Frederico Henrique de Orange-Nassau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Frederik Hendrik van Oranje»)
Modelo:BiografíaFrederico Henrique de Orange-Nassau

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Frederik Hendrik van Oranje Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1584 Editar o valor en Wikidata
Delft, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1647 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
A Haia, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa nova de Delft Editar o valor en Wikidata
Estatúder
maio de 1625 – 14 de marzo de 1647
← Mauricio de NassauGuillerme II de Orange-Nassau →
Príncipe de Orange
23 de abril de 1625 – 14 de marzo de 1647
← Mauricio de NassauGuillerme II de Orange-Nassau → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e exército Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo A Haia (1625–1647) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, líder militar, oficial, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra dos Trinta Anos Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFürst Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAmália de Solms-Braunfels (1625–) Editar o valor en Wikidata
FillosFrederick Nassau de Zuylestein, Guillerme II de Orange-Nassau, Luísa Henriqueta de Orange-Nassau, Henriëtte Amalia de Nassau, Alexandra de Orange-Nassau, Isabella Charlotte de Nassau, Albertina Inês de Orange-Nassau, Henriqueta Catarina de Orange-Nassau, Hendrik Lodewijk de Nassau, Maria de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata
PaisGuillerme I de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata  e Louise de Coligny Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuísa Juliana de Orange-Nassau
Isabel de Nassau
Emília Antwerpiana de Nassau
Emília de Nassau
Catarina Bélgica de Nassau
Carlota Flandrina de Nassau
Carlota Brabantina de Nassau
Maria de Nassau
Ana de Nassau
Filipe Guillerme de Orange-Nassau
Justinus van Nassau
Mauricio de Nassau
Maria van Nassau Editar o valor en Wikidata
ParentesIsabel Carlota do Palatinado, sobriña
Federico IV el Justo, cuñado
Frederico Guilherme I de Brandemburgo, xenro, sobriño neto
Jorge Guilherme de Brandemburgo, consogro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1499437 WikiTree: Oranje-Nassau-17

Frederico Henrique de Orange-Nassau,[1] nado o 29 de xaneiro de 1584 na cidade surholandesa de Delft e finado na Haia o 14 de marzo de 1647, foi un capitán e almirante xeral das Provincias Unidas, Príncipe de Orange, Conde de Nassau e estatúder de Zelandia, de Güeldres, de Utrecht, de Overijssel e de Drenthe.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Frederico Henrique nun gravado de 1602

Foi o seu irmán máis vello, Mauricio de Nassau, quen garantiu a educación de Frederico Henrique de Orange-Nassau[3]. A súa vida xuvenil estivo moi marcada pola rigorosa formación como militar dentro das forzas armadas neerlandesas, que se estendeu ata pasada a idade de corenta anos.[4] A súa nai, no entanto, contratou como titor do seu fillo a Van der Does de Zoon, quen permaneceu con el durante dous anos. Aos 41 anos casou coa condesa Amalia von Solms-Braundels, en 1625.

Tras a morte do seu irmán, que ocorreu no mesmo ano do seu casamento, Frederico Henrique herdou os cargos de estatúder en cinco das sete provincias (Holanda, Zelandia, Utrecht, Overijssel e Güeldres) e sucedeuno tamén como capitán e almirante das Provincias Unidas.

Frederico Henrique de Orange-Nassau amosou grandes habilidades como militar e tamén como político e home de estado. Durante os vinte e dous anos queestivo ao servizo dos Estados Xerais das Provincvias Unidas, levou ao máximo apoxeo os territorios que gobernaba. Este período, que se estendeu ata os inicios do século XVIII, foi descrito polos historiadores neerlandeses como a "idade de ouro das Provincias Unidas", marcada por grandes vitorias militares, pola expansión marítima e do comercio internacional, e por grande desenvolvemento da cultura nacional.

As súas fazañas militares foron numerosas, comezando polo asedio de Groenlo en 1627 e o de 's-Hertogenbosch en 1629, seguidos polo fracaso en Dunkerque en 1631. O asedio de Maastricht en 1632), a vitoria en Schenkenschanz en 1636, e os asedios de Breda en 1637 e de Hulst en 1645 completan a serie de vitorias militares do estatúder.

En todo o período do seu goberno, a súa alianza con Francia foi a base da súa política exterior pero, ao final da súa vida, escolleu sacrificar esta alianza para asinar por separado un acordo de paz con España, que en 1648 recoñeceu a independencia das Provincias Unidas.[5]

Frederico Henrique de Orange-Nassau morreu, aos 63 anos, o 14 de marzo de 1647. Foi soterrado na súa vila natal de Delft, logo duns funerais moi suntuosos, de cuxa procesión quedou testemuño nun cadro de Pieter Post, Pieter Nolpe e Nicolaes van Ravesteyn, pintado en 1651, onde se nomean 115 asistentes aos actos fúnebres.

Frederico Henrique de Orange-Nassau pertenceu á segunda rama da Casa de Nassau, da que tamén procede Guillerme III de Orange-Nassau, Príncipe de Orange e Rei de Inglaterra e de Escocia.[6]

Fillo de Guillerme I de Orange-Nassau, naceu seis meses antes do asasinato deste na súa residencia nesa cidade, que hoxe se coñece como Prisenhof. A súa nai, Louise de Coligny (a cuarta muller de Guillerme I), era a filla dun almirante hugonote.

Do seu matrimonio con Amalia von Solms-Braundels naceron nove fillos, dos que catro non chegaron á maioría de idade:


Gravado coa escena das honras fúnebres de Frederico Henrique de Orange-Nassau

Gravado coa escena das honras fúnebres de Frederico Henrique de Orange-Nassau


  1. "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. "Frederick Henry, prince of Orange, count of Nassau". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  3. A súa nai, no entanto, contratou como titor do seu fillo a Van der Does de Zoon, quen permaneceu con el durante dous anos.
  4. Herbert H. Rowen (1988). Páxina 59.
  5. Israel (1998). Páxinas 506-545.
  6. "Frederick Henry, Prince of Orange Arquivado 13 de xuño de 2010 en Wayback Machine.". En The Cambridge Modern History. Cambrudge University Press. Cambridge. 1907 (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
  • Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)