Fry F1
Nome completo | Fry |
---|---|
Bandeira | ![]() |
Baseada en | Reino Unido Inglaterra |
Tempadas en activo | 1 (1959) |
Número de pilotos | Mike Parkes |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1959 |
Carreiras | 1 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1959 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Fry foi un construtor de automóbiles de Fórmula Dúas do Reino Unido. O equipo foi fundado por David Fry e Alec Issigonis,[1], cuxo anterior patrón John Parkes en Alvis levou ao seu fillo Mike Parkes como piloto de desenvolvemento.[2] O coche, construído cas especificacións da Fórmula 2, equipouse cun motor Coventry Climax e construíuse con varios conceptos avanzados, un deseño semimonocasco, unha posición de condución cara a adiante extrema e unha aleta de quenlla na súa parte posterior.
O Fry F2 fixo o seu debut en xuño de 1958 en Brands Hatch, Parkes terminou a súa primeira carreira en sexto lugar en Crystal Palace. Aparecendo nunha serie de carreiras de Fórmula Dous durante 1958 e 1959, o coche foi presentado na Fórmula Un no Gran Premio do Reino Unido de 1959. Parkes non se clasificou para a carreira, marcando o 27º tempo máis rápido,[3] o coche non se presentou en ningún outro Gran Premio do Campionato do Mundo.[3] O coche participou en varias carreiras máis, antes da súa última aparición cun segundo lugar en Brands Hatch na carreira do Boxing Day.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Fry F2 | Climax L-4 | D | MON | 500 | NED | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | USA | 0 | NC | |
Mike Parkes | NSC |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Encyclopedia - Fry". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-11-04.
- ↑ "Encyclopedia - Mike Parkes". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-11-03.
- ↑ 3,0 3,1 "Fry F1 History". ChicaneF1.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 2011-11-05.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Results from Formula1.com Arquivado 09 de marzo de 2015 en Wayback Machine.