Fuenmayor
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | A Rioxa | ||||
Capital | Fuenmayor | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.278 (2024) (95,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 34,29 km² | ||||
Altitude | 433 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 26360 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 26064 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | fuenmayor.org |
Fuenmayor é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España. Situada entre o río Ebro e a N-232, e xunto o FFCC Castejón-Bilbao, o que a sitúa nun lugar estratéxico que propiciou o seu desenvolvemento.
Historia
[editar | editar a fonte]Fuenmayor é citada por primeira vez no século XI, nun documento no cal a raíña Estefanía de Foix cedía esta localidade e outras ao Mosteiro de Santa María a Real de Nájera. Pero restos celtibéricos e romanos indican que xa estaba habitada con anterioridade.
No século XVII os seus veciños compraron a independencia á localidade á que pertencían, Navarrete, por 6.600 ducados. O seu desenvolvemento económico acaeceu no século XIX, coa construción de grandes adegas.
Economía
[editar | editar a fonte]En Fuenmayor sitúanse ata 25 adegas pertencentes á Denominación de Orixe Cualificada Rioxa, algunhas tan importantes como Adegas AGE, Adegas Lan; así como industrias madeireiras e de cerámica como Cerabrick Grupo Cerámico.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa María, construída entre os séculos XVI e XVII. Destaca o seu altar maior, de estilo romanista.
- Ermida do Cristo, de estilo barroco.
- Ermida do Carmen
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]- Palacio de Fernández Bazán, do século XVII.
- Palacio dos Marqueses de Terán, antiga sede da Real Xunta de Colleiteiros.
- Cine Gran Coliseo, edificio dos anos 30, o primeiro cine español co anfiteatro colgado e sen columnas no patio de butacas.