Bobadilla, A Rioxa
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | A Rioxa ![]() | ||||
Capital | Bobadilla (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 101 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5 km² ![]() | ||||
Altitude | 586 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 26321 ![]() | ||||
Código INE | 26031 ![]() | ||||
Sitio web | bobadilla.es ![]() |
Bobadilla é un pequeno municipio da Rioxa, en España. Pertencente á comarca de Nájera e por el transcorre o río Najerilla.
Historia
[editar | editar a fonte]
Fáiselle referencia nunha acta matrimonial entre Iñigo Ortiz de Zúñiga e Juana, filla bastarda do rei Carlos III, de 8 de marzo de 1396, na que o pai do noivo dotou o seu fillo con diversas localidades, entre elas Baños de Rioja, Bobadilla, Clavijo e Huércanos.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio limita ao norte con Baños de Río Tobía (a 1,9 km do núcleo urbano), ao leste con Ledesma de la Cogolla (a 2,7 km do núcleo urbano) e Pedroso (a 3,3 km do núcleo urbano), ao sur con Anguiano e ao oeste con Matute.
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2001 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
264 | 231 | 300 | 268 | 222 | 153 | 128 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]
- Igrexa parroquial de San Xoán Bautista: foi construída entre os séculos XIV e XV. A súa torre e fachada foron restauradas en 2006.
- Pazo do Conde de Avellanosa.
- Xunto ao río Najerilla encóntrase unha área recreativa e o Puente mocho.
- Arco con escudo
Deporte
[editar | editar a fonte]Anualmente, o último sábado de abril realízase unha marcha nocturna a pé duns 63 km que parte de Logroño cara ao mosteiro de Valvanera, coñecida como a Valvanerada. A localidade colabora na súa organización repartindo avituallamento.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Festival da troita, en xuño, que vense realizando dende 1980. Está organizada pola Asociación Española de Piscicultores e nela repártense uns 4.000 bolos de pan con troita e xamón, ademais de realizarse concursos gastronómicos e bailes de danzadores.
- Festas de San Xoán.
- Festas de Gracias. Nelas realízanse danzas na honra da Virxe de Valvanera. A fin de semana seguinte sóbese ao Mosteiro de Valvanera, onde se ofician actos relixiosos, iotas e realízase unha comida de irmandade na que os monxes do mosteiro ofrecen paella aos visitantes en sinal da unidade do pobo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juan Agapito y Revilla (1921). "Casamiento de D.ª Juana hija natural de D. Carlos III" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2016. Consultado o 23 de decembro de 2014.