Río Najerilla
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | A Rioxa, España | |||
Localización | Serra de Urbión (pt) | |||
Final | ||||
División administrativa | Cantabria, España | |||
Localización | Río Ebro | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | |||
Características | ||||
Dimensións | 100 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.090 km² | |||
O Najerilla é un río da comunidade autónoma da Rioxa, España, tributario do Ebro, pola súa marxe dereita, despois dun curso de 100 km.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Najerilla nace na Serra de Neila (Burgos) a uns 1.640 m de altitude, atravesa as comarcas de Anguiano e Nájera, cunha dirección principal sur-norte. Deasauga no Río Ebro, nas proximidades de Torremontalbo. É o río máis longo e caudaloso da Rioxa, con 16,45 m³/s. A súa bacía abrangue un total de 1.090 km².
Afluentes
[editar | editar a fonte]Entre os tributarios do Najerilla, curtos e de escaso caudal, cóntanse os ríos Urbión, Brieva, Cárdenas, Tobía e Yalde.
Localidades que atravesa
[editar | editar a fonte]As localidades importantes que baña este río son: Neila, Mansilla de la Sierra, Anguiano, Bobadilla, Baños de Río Tobía, Nájera e Torremontalbo.
Explotación
[editar | editar a fonte]No Najerilla hai unha presa, o encoro de Mansilla, cunha capacidade de 67,73 hm³ de auga.