Fujiko Fujio
Biografía | |
---|---|
Grupo | dúo pseudónimo colectivo ![]() |
Fujiko F. Fujio (Takaoka, 1 de decembro de 1933 - Shinjuku, 23 de setembro de 1996). Mangaka Motoo Abiko (Himi, 10 de marzo de 1934 - Tama-ku, 6 de abril de 2022). Mangaka ![]() | |
Actividade | |
Período de actividade | 16 de decembro de 1951 ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() |
Fujiko Fujio (藤子 不二雄?) foi o alcume dun dúo de escritores de manga composto polos artistas xaponeses Hiroshi Fujimoto (藤本 弘 Fujimoto Hiroshi?, 1 de decembro de 1933 – 23 de setembro de 1996) e Motoo Abiko (安孫子 素雄 Abiko Motoo?, 10 de marzo de 1934 – 6 de abril de 2022). O seu debut profesional foi en 1951 (co nome dos autores "Abiko Motoo, Fujimoto Hiroshi"). Utilizaron o nome Fujiko Fujio dende 1953 ata a disolución da asociación en 1987, por mor da enfermidade de Fujimoto. O dúo era coñecido polas súas populares comedias, entre elas Obake no Q-Tarō, Hattori o Ninja, Kaibutsu-kun, Perman, Kiteretsu, o primo listo de Nobita e Doraemon, que é oficialmente recoñecido como unha icona cultural do Xapón moderno.[1]
Algunhas das súas influencias incluíron a Osamu Tezuka, así como os debuxos animados e bandas deseñadas internacionais.
Pseudónimos
[editar | editar a fonte]Dende o seu debut, colaboraron e escribiron individualmente baixo un pseudónimo. Pero despois de 1988 publicaron con nomes separados.
Fujiko Fujio
[editar | editar a fonte]Usado dende xullo de 1953 até xaneiro de 1988.
Todos os traballos (colaboración, traballo dunha persoa) publicados baixo o pseudónimo "Fujiko Fujio".
Fujiko F. Fujio
[editar | editar a fonte]Pseudónimo usado por Fujimoto dende 1989.
O anterior é notación sen símbolos.
A notación oficial é Fujiko・F・Fujio (藤子・F・不二雄 Fujiko Efu Fujio?).
Fujiko Fujio A
[editar | editar a fonte]Pseudónimo usado por Abiko dende 1988.
O anterior é notación sen símbolos.
A notación oficial é Fujiko Fujio Ⓐ (藤子不二雄Ⓐ Fujiko Fujio Ē?).
Como recordatorio, "Fujiko A. Fujio" é unha notación de nome inexistente. Se existe, é un malentendido ou erro tipográfico.[2]
AD | Fujimoto | colaboración | Abiko |
---|---|---|---|
1951(dec)- | "Abiko Motoo, Fujimoto Hiroshi" | ||
1952(nov)- | Ashizuka Fujio | ||
1953(xul)- 1988(Feb) |
Fujiko Fujio | ||
1988(feb)- | Fujiko Fujio F | Fujiko Fujio A | |
1989(xan)- | Fujiko F. Fujio | "Fujiko F. Fujio" ou "Fujiko Fujio A" ou "Fujiko F. Fujio, Fujiko Fujio A" |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Doraemon named 'anime ambassador'". Japan Today. 17 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 23 de febreiro de 2012.
- ↑ "JASPARに海外集団的権利を委託している国内漫画作家リスト". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-28.