Saltar ao contido

Fumaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fumaria é un xénero de plantas herbáceas anuais da familia das papaveráceas, subfamilia Fumarioideae, da que son o xénero tipo, mais algúns autores aínda consideran que é unha familia separada: as fumariáceas, xunta Corydalis e outros xéneros menos correntes. A especie máis coñecida é a herba dona, herba fumaria, ou pé de galiña: Fumaria officinalis, moi abondosa en Galiza.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son herbas de mediano tamaño, acadando o metro de altura, aínda que polo xeral non superan os 50 cm. O talo é erecto, flexíbel e glabro; as follas son compostas, con folíolos lanceolados de cor verde cinsenta. Florean producindo inflorescencias en forma de espiga, compostos por 6 a 20 floriñas tubulares, bilabiadas, espolonadas, de cor branca a rosácea con pintas púrpuras no extremo. O froito é unha cápsula de pequeno tamaño.

O xénero é nativo das zonas temperadas de Europa e Asia, téndose espallado mundialmente.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 699–701. 1753.[1] A especie tipo é a herba dona: Fumaria officinalis L.

  1. "Fumaria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]