Saltar ao contido

Herba dona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fumaria officinalis»)
Herba dona

F. officinalis: inflorescencia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ranunculales
Familia: Papaveraceae
Subfamilia: Fumarioideae
Tribo: Fumarieae
Xénero: Fumaria
Especie: 'F. officinalis'
Nome binomial
'Fumaria officinalis'
L., Sp.Pl., vol. 2 p. 700, 1753 [1], non Chaub., 1838 nec Hohen., 1833 nec Burm.f., 1768.
Variedades e subespecies

F. officinalis var. capensis
F.officinalis subsp. cilicica
F. officinalis subsp. officinalis
F. officinalis subsp. wirtgenii

Aspecto xeral na floración.
Froitos (aquenios) chegados.
Ilustración de A. Masclef, Atlas des plantes de France, 1891

A herba dona, pé de galiña ou simplemente fumaria[1] (Fumaria officinalis), é unha planta herbácea anual da familia Papaveraceae, nativa de Europa, común en Galiza.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo Fumaria deriva do latín fumus (fume) posibelmente e segundo dixo Plinio o Vello, por mor a que o seu zume provoca un intenso lagrimexo, coma se se tratase de fume, así como polo seu cheiro, que tamén se lle asemella. Os antigos exorcistas, crían que ao queimar esta planta, o seu fume escorrentaría os maos espíritos; existe, ademais, a lenda de que a planta non agromaba das sementes, senón do fume que saía do interior da terra.

En galego recibe os nomes vulgares de: herba fumaria, herba dona, pé de galiña, pirixel de can e herba do fogo[2].

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha herba glabra, de talo erecto e ben ramificado, bastante difusa que acada os 50 cm de altura. Presenta follas pinnaticompostas, alternas, cos últimos folíolos case lineares. A comezos da primavera forma inflorescencias en acios terminais dunha ducia de flores cigomorfas, de até 9 mm de lonxitude cada un. As flores teñen o cáliz formado por dous sépalos pequenos, de cor abrancazada, ovados, co bordo dentado, máis angostos cá corola; esta está composta por catro pétalos unidos no ápice mais ceibos, dos cales o superior se prolonga nun espolón. O androceo é diadelfo, ou sexa con 6 estames fusionados polos seus filamentos en dous grupos, que semellan cada un deles dividido en 3 anteras. O xineceo amosa dous carpelos, co ovario súpero. O froito é un pequeno aquenio globoso estriado/engurrado, máis ou menos truncado.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Orixinaria de Europa; Linné, na súa diagnose orixinal, indica: «Habitat in Europae agris, cultis». Cosmopolita; introducida en América do Norte.
Medra en leiras, terreos cultivados ou chairas de solo medianamente seco.

A infusión lixeira utilízase coma hepatorregulador, diurético e laxante, e topicamente, para as afeccións do coiro cabeludo. Cómpre evitar a sobredose, pois os alcaloides que contén resultan cardiotóxicos en doses elevadas.

Na súa composición química atópanse, entre outros [2]:

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Fumaria officinalis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 700. 1753.[4]

Citoloxía

Número de cromosomas de Fumaria officinalis (Fam. Papaveraceae) e táxones infraespecíficos: 2n=28[5] 2n=c.32[6]

Etimoloxía

Fumaria: nome xenérico do latín fumus = "fume", posibelmente pola cor ou polo cheiro das raíces frescas.[7]

officinalis: epíteto latino que significa "usado coma planta medicinal".[8]

Sinonimia
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fumaria.
  2. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  3. Font Quer, Pío (1980). Plantas Medicinales : El Dioscórides Renovado (6ª ed.). Barcelona: Labor. p. 278. ISBN 84-335-6151-0. 
  4. "Herba dona". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  5. Números cromosómicos para la flora española, 245-256. Soler, A. (1981) Lagascalia 10(2): 253-256
  6. A morphological study of the Fumariaceae and the taxonomic significance of the characters examined. Ryberg, M. (1960) Acta Horti Berg. 19: 121-248
  7. en Nombres Botánicos
  8. en Epítetos Botánicos
  9. Sinónimos en Tela Botánica
  10. en The Plant List p.p.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dr. Berdonces i Serra; Gran Enciclopedia de las Plantas Medicinales. Susaeta Ediciones. ISBN 84-305-8496-X.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]