Gérard Desargues
Nome orixinal | (fr) Girard Desargues |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1591 Lión (Reino de Francia) |
Morte | 9 de outubro de 1661 (70 anos) Lión (Reino de Francia) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría, matemáticas, arquitectura, Xeometría proxectiva, estereotomía, perspectiva lineal, gnomónica e escenografía |
Lugar de traballo | París Lión |
Ocupación | matemático, enxeñeiro, arquitecto, militar |
Membro de | |
Movemento | Arquitectura barroca e Barroco |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC |
Girard ou Gérard Desargues,[1] nado en Lión, Francia, o 21 de febreiro de 1591 e finado en outubro de 1661 ibídem foi un arquitecto, enxeñeiro e matemático francés. Fixo un amplo traballo no campo das matemáticas, sendo un pioneiro da xeometría proxectiva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde os trinta e cinco anos, a partir de 1626, foi profesor en París e oficial do corpo de enxeñeiros do cardeal Richelieu. Na capital francesa coñeceu a Descartes, a quen apoiou en algunhas polémicas. En 1650 regresou a Lión, onde permaneceu ata o seu falecemento.[2]
A súa contribución máis coñecida é o chamado teorema de Desargues. Así mesmo, realizou unha profunda investigación sobre seccións cónicas (elipses, parábolas e hipérboles) e triángulos; Baseándose nestes estudos, Poncelet desenvolveu a súa teoría sobre as imaxes homólogas.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Traité de la section perspective (1636).
- Brouillon project d'une atteinte aux événements des rencontres d'une cône avec un plan (1639). Nese último libro escribiu os conceptos básicos da xeometría proxectiva, e tivo unha gran influencia en Pascal.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O cráter Desargues na lúa foi nomeado na súa honra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jean, Dhombres. "Girard (ou Gérard) Desargues". FranceArchives (en francés). Consultado o 2024-12-14.
- ↑ "Biografia de Gérard Desargues". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2024-12-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gérard Desargues |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Desargues, Gérard". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Girard Desargues (mathshistory.st-andrews.ac.uk)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |