Saltar ao contido

Gaita escocesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1) punteiro
2) fol
3) buxas
4) punteiro
5) bordóns tenores
6) bordón baixo (ronco)
7) espigos
8) farrapos

A gaita das Highlands ou Terras Altas escocesas, tamén chamada gaita escocesa, en escocés a' phìob mhòr pronunciado [a ˈfiəp ˈvoːɾ] lit. 'a grande gaita')[1] e en inglés Great Highlands Bagpipe, a miúdo abreviado GHB,[2] é un dos tipos de gaita máis coñecidos. Alén da fama, está entre as gaitas tradicionais máis potentes, senón a de potencia sonora maior.

Características

[editar | editar a fonte]

Consiste nun fol, un punteiro, un soprete, dous bordóns tenores e outro baixo. A escala do punteiro está aproximadamente en modo mixolídio cun rango desde un grao máis baixo que a tónica até unha oitava por riba dela (sol baixo, la baixo, si, dó#, re, mi, fa#, sol alto e la alto; os gaiteiros tratan a gaita como un instrumento transpositor e omiten os sostidos). Os dous bordóns tenores son unha oitava máis baixos que a tónica (la baixo) do punteiro e o bordón baixo está dúas oitavas máis abaixo. Realmente, este la da gaita das Highlands é en realidade un pouco máis sostido que si bemol (arredor de 480 Hz), e parece que se fai cada vez máis sostido entre as bandas de competición. Na última década, a gaita viu a aparición de novos materiais, como palletas e bolsas sintéticas, que se comportan mellor coa humidade que os materiais tradicionais.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

Malia ser extremamente popular, o termo gaita escocesa é considerado, ao mínimo, impreciso. Hai na Escocia innúmeras outras gaitas para alén da gaita das Highlands, como a smallpipe escocesa, a gaita das Bordas, a shuttle pipe e a parlour pipe, para alén doutras smallpipes.

Pode ser que os romanos introducisen as gaitas nas Illas británicas ou que estas xa fosen usadas por outros pobos do seu contorno e estivesen xa presentes nas Illas. A mediados do século XVI en Escocia utilizábase unha gaita semellante á das Terras Altas que contaba cun único bordón tenor. Parece ser que a configuración actual (un bordón baixo e dous tenores) apareceu en Irlanda, onde se coñece como gaita de guerra, e que foi traída entón e se adoptou, especialmente nas Terras Altas.

A gaita das Highlandas conservou a súa popularidade a partir do período barroco, e non decaeu como lles sucedeu a outras gaitas, en boa parte porque foi incorporada como instrumento militar polos propios rexementos ingleses xa a partir do século XVII. O movemento romántico, coas súas pretensión de retomar un pasado tradicional e idílico ao modo burgués, encontrou un forte apelo na cultura escocesa. Coa creación do Imperio Británico, o instrumento diseminouse polo planeta, até atoparse hoxe en día en rexións sorprendentes, como por exemplo o Oriente Medio e o Caribe, en antigas colonias británicas. Após as dúas guerras mundiais, eventos nos que se utilizaran pola última vez os gaiteiros no fronte de batalla da forma "clásica", sentiuse a necesidade de atraer os mozos para a formación de novos gaiteiros. Así, formalizáronse as bandas rexementais (pipe bands) e iniciáronse os primeiros campionatos oficiais entre bandas, todo so a éxida de estatutos controlados por un consello oficial.

En Galiza

[editar | editar a fonte]

En Galiza utilízase unha gaita moi semellante, tamén afinada en si bemol, que se chama gaita de banda ou gaita marcial e cuxos bordóns tamén se botan por riba do ombreiro.

  1. "Forum "A’ phìob mhòr"". forum.duolingo.com. Consultado o 2023-05-21. 
  2. "Great Highland Bagpipe". Bagpipe Wiki (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2023. Consultado o 2023-05-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]