Saltar ao contido

Galería dos Espellos

Modelo:Xeografía físicaGalería dos Espellos
Imaxe
Tipogalería Editar o valor en Wikidata
Parte dePalacio de Versalles Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVersalles, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 48°48′17″N 2°07′13″L / 48.804833333333, 2.1203333333333
Historia
Cronoloxía
18 de xaneiro de 1871 Proclamación do Imperio Alemán
28 de xuño de 1919 Tratado de Versalles Editar o valor en Wikidata

A Galería dos Espellos (en francés: Grande Galerie ou Galerie des Glaces) é a galería central do palacio de Versalles, en Francia. Foi deseñada polo arquitecto Jules Hardouin-Mansart e construíuse entre 1678 e 1684, reemplazando un eirado de Luis Le Vau que unía as dúas ás do palacio (norte e sur) coa fachada do oeste.

O seu estilo é Barroco e ten unha lonxitude de 73 metros poe 10,5 metros de ancho. Dezasete ventás proporcionan a luz que se reflicte en 357 espellos postos fronte a fronte. Supuxo un acontecemento no século XVII, pois por vez primeira, as persoas podíanse contemplar de corpo enteiro, amais, representaba un luxo enorme tendo en conta que naquela época un espello resultaba moi caro. A bóveda de canón está decorada con pinturas de Charles Le Brun nas que se representaba o reinado de Lois XIV de Francia. Inicialmente, a estancia ornamentouse cun mobiliario de prata e numerosas estatuas antigas, fundido en 1689,[1]​ o mobiliario de prata deu paso a outro de madeira dourada que desapareceu durante a Revolución francesa.

A Galería dos Espellos foi o escenario para moitos dos acontecementos que ocorreron en Europa durante séculos, coma a voda de María Antonieta de Austria (16 de maio de 1770), a proclamación do imperio alemán (18 de xaneiro de 1871) ou a firma do Tratado de Versalles, que puxo fin á primeira guerra mundial (28 de xuño de 1919) entre outros.

Restauracións

[editar | editar a fonte]

A primeira restauración da galería produciuse só un século despois da súa inauguración, entre 1758 e 1762, tivéronse que consolidar as pinturas, xa que a antigüidade da cola estaba provocando o seu desprendemento. Despois da Revolución, a galería foise degradando pouco a pouco, Napoleón consolidou os edificios en xeral, pero non foi ata a Restauración Borbónica cando a galería experimentou a súa segunda restauración, concretamente en 1814, baixo o reinado de Lois XVIII. Entre 1821 e 1822, fíxose un profundo estudo do estado da estancia e importantes intervencións seguiron ata finais do reinado de Carlos X.[2] Lois Filipe I transformou o palacio en museo, realizando importantes intervencións, pero apenas tocando á galería.[3] Restauracións puntuais seguiron durante a segunda metade do século XIX e comezos do XX. Entre 1949 e 1952 tivo lugar outra importante restauración centrada nos espellos. En 1980 instaláronse novos mobles (mesas, torchères e lámpadas) que reproducían o mobiliario anterior á Revolución.

En xullo de 2004 comezou unha intensa restauración baixo a dirección do arquitecto xefe de monumentos históricos Frédéric Didier, que rematou en xuño de 2007. Esta foi a maior intervención na galería dende a súa inauguración en 1684, sendo o seu custo total de 12 millóns de euros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]