Saltar ao contido

Historia contemporánea de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galicia na Idade Contemporánea»)
Historia contemporánea de Galicia

Imaxe de Galicia da NASA.
Historia Historia de Galicia
Cronoloxía Cronoloxía de Galicia
Categoría Historia de Galicia
Prehistoria
Prehistoria de Galicia
Idade Antiga
Historia antiga de Galicia
Idade Media
Historia medieval de Galicia
Idade Moderna
Historia moderna de Galicia
Idade Contemporánea
Historia contemporánea de Galicia
Século XIX
1803 - 1815: Guerras napoleónicas
1808: Xunta Suprema do Reino de Galicia
1833 - 1981: Rexión de Galicia
1846: Levantamento progresista
1853 - 1960: Diáspora galega
1863: Rexurdimento
Século XX
1921: Grupo Nós
1931 - 1939: Segunda República
1933: Recoñecemento como nación
1936: Estatuto de autonomía
1936 - 1939: Guerra civil española
1939 - 1975: Franquismo
1939 - 1945: Segunda Guerra Mundial
1978: Xunta de Galicia
1981: Estatuto de autonomía
Século XXI
2002: Desastre do Prestige
2006: Vaga de incendios forestais
2017: Vaga de incendios forestais
2020 - 2023: Pandemia de COVID-19
Relacionados
Historia Historia da lingua galega
Artigos Pobo galego

A historia contemporánea de Galiza abrangue a historia de Galiza na Idade Contemporánea. Galiza viviu desde o inicio da Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX e XX, en permanente estado de atraso económico, cunha leve recuperación no último terzo do século XX. Cun modelo de crecemento continuado -aínda que baixo- as posibilidades económicas non permitían absorber este incremento da poboación, provocando así un forte movemento migratorio que se converteu en endémico a partir de mediados do XIX.

Século XIX

[editar | editar a fonte]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Máis do 20% dos galegos emigraron (taxa bruta de emigración en 1910 en España)

Durante estes dous séculos acentuouse o traslado da poboación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movemento migratorio, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, preferentemente masculino e tiña como destino América do Sur. Durante o primeiro terzo do século XX incorporouse a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezáronse a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo da paréntese dos anos 30 e 40 do século, outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (Suíza e Alemaña) e España (Cataluña, País Vasco e Madrid).

Economía

[editar | editar a fonte]

As estruturas forais do Antigo Réxime perpetuáronse durante o século XIX (incluíndo ata o 90% da superficie produtiva); non mudaron nin os cultivos nin as técnicas nin houbo mecanización; acentuouse un minifundismo, situación que non comezou a se resolver ata as concentracións parcelarias de fins do XX. A rede ferroviaria foi construída moi serodiamente.

A modernización comezou coa crise agraria de fins do XIX. Redimíronse os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertendo aos campesiños en propietarios. Neste momento tiveron importancia os movementos agraristas. A partir de entón eliminouse definitivamente o cultivo de barbeito, comezáronse a usar produtos químicos, creáronse prados artificiais e introduciuse maquinaria. Na segunda metade do século produciuse unha especialización agraria, acompañada de motorización, e industrializáronse algúns sectores a partir de fórmulas cooperativas.

A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, estaba ligada ás remesas dos emigrantes e á dispersión da poboación. A industria conserveira consolidouse a fins do XIX da man dos avances na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60 do século XX. A industria hidroeléctrica conseguiu grandes beneficios a partir dos anos 40. Instaláronse industrias como ENCE, Endesa ou a Citroën de Vigo que aproveitan materias primas e man de obra.

A fidalguía decimonónica opúxose ás reformas liberais e apoiou movementos retardatarios como o Carlismo, o que non impediu que esmorecese xa a comezos do XX. A burguesía, de orixe industrial, financeira e agraria, non tivo relevancia ata a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provocou unha reacción galeguista a partir de mediados do XIX de cariz culturalista e conservador nun principio mais que se foi facendo cada ve

Século XX

[editar | editar a fonte]

No século XX distínguense tres períodos::

  • Un primeiro terzo no que se frustraron as tentativas modernizadoras
  • Un segundo terzo de regresión durante o autarquismo franquista
  • Unha modernización lenta a partir de 1960

Galiza caeu rapidamente en mans dos militares sublevados con Francisco Franco.

O Estatuto de Autonomía de 1981 foi recibido con indiferenza.

O período de goberno autonómico ata hoxe resúmese a nivel político nunha década de limitada actividade, un axitado bienio de coalición e década e media de maiorías absolutas de Manuel Fraga.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Prieto, Lourenzo (Ed.) (2000). Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-560-4. 
  • Magariños, Alfonso (2003). A demografía na Galicia contemporánea. 1900-1936. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-97-1. 
  • Meixome Quinteiro, Carlos (1999). Textos e documentos para a Historia Contemporánea de Galicia. (Século XX). Vigo. Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-090-5. 
  • Varios (2008). Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual. Santiago de Compostela. Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-84-7824-541-3. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]