Saltar ao contido

Garafía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGarafía
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°48′15″N 17°55′00″O / 28.8042, -17.9167
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor en Wikidata
CapitalGarafía Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.916 (2023) Editar o valor en Wikidata (18,6 hab./km²)
Xeografía
Superficie103 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude365 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataYeray Rodríguez Rodríguez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38787 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE38016 Editar o valor en Wikidata

Páxina webgarafia.org Editar o valor en Wikidata

Garafía é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife que está situado no noroeste da illa de La Palma. A capital municipal denomínase Santo Domingo.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Santo Domingo de Garafía

Ten unha extensión de 103 km² e unha lonxitude de costa de 25,50 km. No seu termo municipal atópase o Roque de los Muchachos, punto máis alto da illa con 2.426 metros onde se emprazou un importante observatorio astrofísico pertencente ao IAC.

Tradicionalmente foi un pobo con problemas de comunicación e illamento, o que provocou problemas de desenvolvemento e un descenso de poboación importante. Con todo isto preservou o seu carácter rural e ecolóxico, o que fai que teña un gran potencial para o turismo rural.

O municipio está formado polos núcleos de Cueva del Agua, Don Pedro, Franceses, Santo Domingo, Hoya Grande, Juan Adalid-El Mudo, Llano Negro, El Palmar, Roquefaro, El Tablado, Las Tricias, El Castillo e La Mata.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]