Tijarafe
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Capital | Tijarafe | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.640 (2023) (49,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 53,76 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 640 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38780 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38047 | ||||
Páxina web | tijarafe.com |
Tijarafe é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado na zona noroeste da illa de La Palma. Limita ao norte con Puntagorda, ao leste coa serra da Cumbre, polo oeste co océano Atlántico e ao sur cos municipios de Tazacorte, Los Llanos de Aridane e El Paso.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa extensión superficial é de 53.76 km², o que supón un 7.59% da superficie da illa. O seu perímetro está ao redor dos 36,584 metros. Esta superficie coloca a Tijarafe no quinto lugar lugar dos municipios palmeiros en canto ao seu tamaño, por detrás de El Paso, Garafía, Mazo e Fuencaliente. A costa, acantilada e de difícil acceso, ten unha lonxitude aproximada de 11,5 km, que supón un 9,3% do perímetro total insular.
Barrios
[editar | editar a fonte]Os barrios do municipio son:
- Aguatavar
- Arecida
- Bellido
- Candelaria
- El Jesús
- El Pinar
- La Costa
- La Punta
- Tinizara
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Tijarafe xira ao redor da agricultura e a gandería. A agricultura ocupa un 69% da poboación activa, dedicada sobre todo ao cultivo de banana, por ser este o máis rendible.
A estrada LP-1 de Santa Cruz de la Palma a Puntagorda, atravesa o municipio de sur a norte, e é a ambos os dous lados da estrada onde se dan lugar a maioría das casas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tijarafe |