Santa Cruz de la Palma
Santa Cruz de La Palma (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.441 (2023) (355,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 43,38 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Ádega de Catania | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Sergio Carlos Matos | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38700 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38037 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | santacruzdelapalma.es | ||||
Santa Cruz de la Palma é un concello español, capital da illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias.
Foi fundada o 3 de maio de 1493 co nome de Villa de Apurón sobre unha praia situada nunha baía que facía de porto natural. Posteriormente, e xa como Santa Cruz de la Palma, o rei Filipe II concederíalle o título de Moi Nobre e Leal. No seu termo municipal atópase o Real Santuario da nosa Señora a Virxe das Neves, patroa da illa de La Palma.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade atópase situada na vertente oriental da illa de La Palma, de cuxo Cabido é capital, entre o Risco da Concepción, no bordo da Caldereta (antiga caldeira volcánica), e o Barranco Seco. Parte da cidade e o porto sitúanse sobre o antigo derramo da lava da Caldereta, arrefriada bruscamente ao romper a parte da parede que queda cara ao nordés, co que a lava chegou rapidamente ao mar onde formou unha coada basáltica. Goza durante todo o ano dun clima suave aínda que é habitual que o seu ceo estea cuberto por nubes debido á influencia dos ventos alisios procedentes do océano Atlántico. O seu código postal é 38700.
O municipio ten unha extensión de 43,38 km², con 4,03 km de Lonxitude de costa e unha poboación de 17.353 habitantes (INE, xaneiro 2007), dos cales 15.000 residen na cidade e os demais nos barrios periféricos. O núcleo urbano atópase ao nivel do mar, pero o territorio municipal esténdese ata os 1.800 m de altitude.
Barrios
[editar | editar a fonte]Os principais barrios son:
- O centro urbano, cos pequenos barrios de: La Luz, San Telmo, San Sebastián, El Puente, Benahoare, La Alameda, La Calle Real, El Pilar e El Marquito.
- Na periferia atópanse os barrios de Calsinas, Velhoco, Las Nieves, La Dehesa, La Encarnación, El Planto, El Carmen e Mirca (neste último atópase o vertedoiro insular de lixos, a espera da construción do complexo ambiental en Mazo.
Economía
[editar | editar a fonte]O porto da cidade é o único porto de pasaxeiros e mercancías da illa, e mantén conexións regulares cos portos de Cádiz, Los Cristianos (Tenerife), Santa Cruz de Tenerife, As Palmas de Gran Canaria e Arrecife. A pesar dos obstáculos orixinados pola topografía, as vías de comunicación co resto dos municipios da illa son bastante boas, sobre todo logo das melloras realizadas nas últimas décadas: non debemos esquecer que, aínda que de menor poboación que Los Llanos de Aridane, Santa Cruz de la Palma ten unha próspera economía cun comercio moi importante por ser a vía de entrada á importación así como a de saída dos produtos de exportación de toda a illa. Desde o sur da cidade chégase rapidamente ao Aeroporto de Mazo a través dunha autoestrada cuxo lado oeste (o que sae cara ao aeroporto) abriuse a través dun túnel que corta unha das paredes da Caldereta. E ao final do porto comeza a zona comercial da cidade, composta por dúas rúas paralelas á liña da costa e que viría terminar na Avenida de El Puente unha e na praza de La Alameda a outra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santa Cruz de La Palma |