Gentiana clusii
Aparencia
Gentiana clusii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Gentiana clusii' E.P.Perrier &Songeon |
Gentiana clusii é unha especie de planta herbácea pertencente ao xénero Gentiana.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha xanzá de flores grandes, de talo curto, semellante á Gentiana acaulis, así a todo as dúas especies difiren na presenza ( G. acaulis ) ou ausencia ( G. clusii ) de raias verdes dentro da corola, pola forma dos recantos entre os pétalos (prominentes en G. clusii, máis arrondeado en G. acaulis), pero sobre todo na súa ecoloxía, a G. clusii prefire áreas calcarias e G. acaulis rochas silíceas.
Distribución
[editar | editar a fonte]A súa distribución é a mesma que a da G. acaulis , G. clusii atópase nos Pireneos, Alpes, Apeninos, Xura, Selva Negra e Cárpatos.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Distínguense as seguintes subespecies[1]
- Gentiana clusii subsp. clusii
- Gentiana clusii subsp. costei Braun-Blanq: Dáse en Francia.[1]
- Gentiana clusii subsp. pyrenaica J. Vivant: Dáse nos Pireneos.[1]
- Gentiana clusii subsp. rochelii Halda: Dáse en Eslovaquia.[1]
- Gentiana clusii subsp. undulatifolia Sünd.: Dáse en Italia.[1]