Saltar ao contido

Geoff Kresge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeoff Kresge

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
HorrorPops (pt) Traducir (2005–2006)
Tiger Army (en) Traducir (2000–2014)
AFI (grupo musical) (1992–1997) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoStreet punk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo e guitarra Editar o valor en Wikidata

Facebook: geoffkresge Twitter: GeoffKresge Musicbrainz: f108fd23-2a30-48dc-b9fa-07229107f1f2 Discogs: 443759 Allmusic: mn0000638611 Editar o valor en Wikidata

Geoff Kresge é un compositor, guitarrista e baixista que tocou con AFI durante gran parte dos seus primeiros anos de carreira, de 1992 ata 1997, e co-escribiu gran parte do primeiro material xunto co seu líder Davey Havok. Durante un hiato de AFI en 1993 mudouse por un breve período de tempo a Nova York para unirse a Blanks 77. Posteriormente tocaría co grupo The Forbidden Dimension e tamén con The Daggers, antes de unirse a Tiger Army. A pesar de que nas súas bandas anteriores tocou o baixo eléctrico, en Tiger Army elixiu o contrabaixo.

Cando deixou Tiger Army en setembro do 2004, Kresge formou a banda Viva Hate co seu vello amigo Matt "Wedge" Wedgley (antigo membro de The Force). Antes de que a formación definitiva de Viva Hate se consolidase, Kresge uniuse a HorrorPops coma guitarrista, pero continuou compoñendo con Wedge para Viva Hate. Finalmente Viva Hate comezou a actuar cando o calendario lle permitiu a Kresge debido aos seus compromisos con AFI.

En xullo do 2007 Kresge anunciou a súa saída de HorrorPops e tamén deixaba o seu selo Dead Body Records, afirmando que desexaba adicarse integramente a Viva Hate.

En xaneiro do 2008, na páxina oficial de Tiger Army, anunciouse que Kresge se unira novamente á banda despois da saída do seu baixista Jeff Roffredo.

Kresge está casado con Kamilla Vanilla (que tamén tocou con HorrorPops) e foi copropietario de Dead Body Records, así coma o fundador do desaparecido selo Key Lime Pie Records, que editou algunhas das primeiras gravacións de AFI. Foi tamén produtor de varias bandas coma Tiger Army, Heckle, Graveyard Shift e 12 Step Rebels.