Saltar ao contido

Georgios Dedas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorgios Dedas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Komotini, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura200 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–2003 M.E.N.T. B.C.
2003–2006 Iraklis Thessaloniki BC
2005–2005   Grècia
2006–2007 Club Baloncesto Breogán
2007–2009 Club Baloncesto Rosalía de Castro
2009–2010 Cáceres Ciudad del Baloncesto
2010–2011 PAOK Tesalónica BC
2011–2012 Rethymno Cretan Kings B.C.
2012–2016 PAOK Tesalónica BC
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2017 AEK Atenas BC (segundo adestrador)
2017–2018 Trikala B.C. (segundo adestrador)
2018–2020 Olympiacos BC (segundo adestrador)
2020– BC Lietuvos Rytas (segundo adestrador)
2020–2020 Avtodor (segundo adestrador) Editar o valor en Wikidata
Participou en
2005Xogos Mediterráneos de 2005 Editar o valor en Wikidata

Georgios Dedas (en grego: Γιώργος Δέδας, tamén: Giorgos Dedas), nado o 2 de xaneiro de 1980, é un ex xogador profesional de baloncesto grego. Cunha altura de 2,00 metros, xogaba na posición de ala.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou como profesional nas filas do Ment da A2, división de prata de Grecia, o seu país natal. Na tempada 2003-04 asinaría polo Iraklis de Tesalónica da A1 Ethniki, onde permaneceu até que o Breogán Lugo da liga LEB Ouro o fichase en 2006 para substituír o lituano Zavackas. Antes, fora un dos integrantes da selección nacional grega nos Xogos Mediterráneos de 2005.

Na tempada 2007-08 ficha polo Beirasar Rosalía, tamén de LEB Ouro, equipo ao que axuda a chegar aos playoffs de ascenso á liga ACB. Unha tempada máis tarde, no mesmo equipo non pode evitar o descenso tras unha serie de malos resultados deportivos.

En xullo de 2009 chega a un acordo co Cáceres 2016 da mesma categoría para reforzar o perímetro acompañando a Lucio Angulo, Francis Sánchez e Xavi Forcada, onde se converteu no xogador máis efectivo do equipo máis aló da liña de 6,75. En agosto de 2010 confírmase o seu regreso ao baloncesto heleno tras acandar un acordo co PAOK Thessaloniki da A1 Ethniki.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]