Saltar ao contido

Germán López Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGermán López Quiroga
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1927 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Escairón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónferroviário (pt) Traducir , poeta , xornalista Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1651132

Germán López Quiroga, nado en Escairón o 20 de marzo de 1927, é un ferroviario e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou na RENFE en 1947 en Monforte de Lemos opositando a factor e xubilouse como xefe de estación en 1991.[2]

Participou e foi relacións públicas da Coral Internacional de RENFE de Monforte e da Coral Polifónica do Concello de Monforte. Cantou na Rondalla de José Pallares e na Rondalla Benfeita. Pertenceu a Poetas do Sur Lucense e Amencer Quirogués.

Publicou artigos en La Voz de Galicia, El Progreso (sobre todo no Suplemento Semanal Ribeira Sacra, máis de 300) e Faro de Vigo e na Web do Museo do Ferrocarril de Galicia, en Amargama e en Candea, dedicada ao Courel.[3]

Participou en programas da TVG: Vivan as tardes, Sen código Postal, Vivir aquí ("Os raís da vida"), O tren que me leva a ti. E No tren da vida, da Canle Ribeira

Autor da letra da canción titulada "O viño da Ribeira Sacra" e da letra do himno do Arenas Club de Fútbol de Monforte de Lemos. Foi nomeado Presidente da Asociación Cultural de Poetas da Ribeira Sacra.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Historia de un paseo (2007). Recupera a historia de seu pai, militante de UGT, que sobreviviu a dous fusilamentos no tempo da Guerra Civil e escapou ferido desde Santiago ao Saviñao.[5] [6]
  • Latexos da terra (2011). No que inclúe as creacións de vinte escritores do colectivo Poetas da Ribeira Sacra.[7]

Ademais: Cousas en galego, Compendio autobiográfico, Nostalgia evolución y futuro del ferrocarril, Recordos e tradicións (Foi a miña cata na Ribeira Sacra' (Diputación de Lugo), Retazos de historia de Monforte de Lemos (Diputación de Lugo), Lembrando a Luis Moure Mariño (Imprenta Fénix).[1]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2004: gañador do concurso Cartas de Amor celebrado nos concellos de Quiroga e Lugo co primeiro premio en ambos os dous.
  • 2005: premio de poesía do Concello de Quiroga no Día das Letras Galegas, polo poema "A gaita rí, a gaita chora".
  • 2006: premio de poesía de amor na categoría de adultos do Concello de Foz co poema "Declarando amar".
  • 2007: noméano Poeta Oficial da Sociedade Cultural e Recreativa La Fraternal de Monforte de Lemos.
  • 8-XII-2007: homenaxe do Grupo de Poetas da Ribeira Sacra.
  • 2008: Premio de xornalismo Moncho do Pío.
  • 2011: noméano Socio de honor do Museo do Ferrocarril de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Germán López Quiroga Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2024-06-07. 
  2. "El Estase Cocendo rinde homenaje a los ferroviarios". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-03-08. Consultado o 2024-06-07. 
  3. "curriculum de German Lopez Quiroga". www.jrcasan.com. Consultado o 2024-06-07. 
  4. asociacionescritoras-es (2011-08-17). "Germán López Quiroga: ”Este libro é unha homenaxe a todos os compañeiros” Axenda cultural AELG::". Consultado o 2024-06-11. 
  5. Rodríguez, Luís A. (2022-11-06). "¿Qué fue de... Germán López Quiroga?". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-06-07. 
  6. "El angustioso «paseo» de Germán López". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-08-14. Consultado o 2024-06-07. 
  7. Lugo, El Progreso de (2011-08-12). "Este libro é unha homenaxe a todos os compañeiros". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-06-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]