Saltar ao contido

Giovanni Antonio Canal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiovanni Antonio Canal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1697 Editar o valor en Wikidata
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1768 (70 anos)
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Venecia (1756–1768)
Gran Bretaña (1746–1756)
Venecia (1720–1746)
Venecia (1716–1719)
Roma
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, augafortista, debuxante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoVeduta (pt) Traducir e Arte de paisaxes Editar o valor en Wikidata
MovementoRococó Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoCanaletto: Giovanni Antonio Canal, 1697–1768 (en) Traducir (1976) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresBernardo Canal Editar o valor en Wikidata
AlumnosBernardo Bellotto Editar o valor en Wikidata
Influencias
MecenasJoseph, Consul Smith (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiBernardo Canal Editar o valor en Wikidata
ParentesPietro Bellotti, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
The Nuttall Encyclopædia >>>:Canaletto, Antonio Editar o valor en Wikidata
BNE: XX988637 Musicbrainz: 79e2feb3-1d6f-4d6e-9854-d025efb8240c Discogs: 2273497 Editar o valor en Wikidata
A gran canle e a igrexa da Saúde

Giovanni Antonio Canal, nado o 7 de outubro de 1697 e finado o 19 de abril de 1768, máis coñecido como Canaletto, foi un pintor veneciano, famoso polas súas vistas panorámicas (vedute) de Venecia. Eran as postais da época, para aqueles que puidesen adquirilas. Fillo do pintor Bernardo Canal, de aí lle veu o diminutivo de Canaletto.

Breve biografía artística

[editar | editar a fonte]

Foi exitoso primeiro polos seus traballos decorativos para teatro, logo pintou Vistas de Venecia, que son hoxe moi buscadas. Utilizaba con proveito grande a cámara escura na composición dos seus cadros. Boa parte das súas obras eran vendidas a ingleses que facían o Grand Tour, de modo que unha gran parte da súa produción consérvase en mans da Casa Real británica. Inspirouse nas vedute de Giovanni Paolo Panini, distinguíndose polo axustado dos seus efectos e pola transparencia dos seus fondos e ceos.

En 1746, Canaletto instalouse en Londres, onde pintou numerosas panorámicas inglesas, mais seguiu aínda a realizar vistas da súa Venecia natal, a partir de deseños preparados que levara consigo desde Italia.

No 1753, tornou para Venecia. Dez anos despois foi posta ao seu cargo a cátedra de Perspectiva na Academia de Belas Artes, por designio do director da institución, o tamén pintor Giambattista Tiepolo. Os lenzos dos seus derradeiros anos foron criticados pola utilización repetida de temas, que antes foran a base do seu éxito.

Das súas panorámicas venecianas admíranse, sobre todo, as súas vistas do Palacio Ducal e da Praza de San Marcos. Unha colección das vedute foron editadas ao gravado na súa cidade, en 1742.

Discípulos

[editar | editar a fonte]

Entre os seus discípulos máis salientes cóntanse o seu sobriño Bernardo Bellotto (tamén alcumado Canaletto), Francesco Guardi, Michele Marieschi, Gabriele Bella, Giuseppe Moretti e Giuseppe Bernardino Bison.