Bernardo Bellotto
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Bernardo Francesco Paolo Ernesto Bellotto ![]() 20 de maio de 1722 ![]() Venecia ![]() |
Morte | 17 de outubro de 1780 (59 anos) Varsovia ![]() |
Pintor de cámara | |
1766 – 1780 | |
![]() | |
1747 – 1757 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Venecia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Arte de paisaxes ![]() |
Ocupación | pintor , debuxante , gravador , gravador ![]() |
Empregador | Dresden Academy of Fine Arts (en) ![]() Estanislau II da Polónia (pt) ![]() ![]() |
Xénero artístico | Paisagem de cidade (pt) ![]() ![]() |
Profesores | Giovanni Antonio Canal ![]() |
Lingua | Lingua italiana e lingua alemá ![]() |
Mecenas | Augusto III da Polónia (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Lorenzo Bellotto (pt) ![]() ![]() |
Irmáns | Pietro Bellotti (en) ![]() ![]() |
Parentes | Giovanni Antonio Canal (tío) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/Canaletto_%28I%29_056.jpg/220px-Canaletto_%28I%29_056.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ec/Bellotto%2C_Bernardo_-_Veduta_di_Gazzada.jpg/220px-Bellotto%2C_Bernardo_-_Veduta_di_Gazzada.jpg)
Bernardo Bellotto, nado en Venecia o 30 de xaneiro de 1721 e finado en Varsovia o 17 de outubro de 1780, foi un pintor e gravador veneciano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f1/Canaletto_%28I%29_044.jpg/220px-Canaletto_%28I%29_044.jpg)
Bernardo Bellotto era sobriño, por parte da nai, de Canaletto, que contribuíu á súa formación e xa de rapaz amosou talento para a pintura de paisaxes urbanas. En 1738 quedou inscrito na corporación de pintores venecianos, e decontado viaxou polo Véneto, Roma (1742), Florencia e Turín, para volver a Venecia por breve tempo. En 1747 recibiu unha invitación do elector de Saxonia Augusto III para establecerse en Dresde, a súa fama espallouse en toda Europa, e en 1758 a emperatriz María Tareixa de Austria chamouno a Viena . Tres anos despois está en Múnic, despois volve a Dresde pero a morte do elector Augusto fixo que recibise menos encargos polo que aceptou en 1763 o convite de Catarina II para establecerse en San Petersburgo ata 1764 cando o novo elector de Saxonia e rei de Polonia, Estanislau para establcerse en Varsovia para o que realizou ademais de vistas, retratos e escenas históricas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Bellotto_-_The_Moat_of_the_Zwinger_in_Dresden.jpg/220px-Bellotto_-_The_Moat_of_the_Zwinger_in_Dresden.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Canaletto_%28I%29_057.jpg/220px-Canaletto_%28I%29_057.jpg)
Obra[editar | editar a fonte]
O seu estilo é semellante ó de seu tío, e el mesmo asinou moitas obras como Bernardo Canaletto pero Bellotto amosa un realismo máis cru, cunha máis exacta observación da arquitectura e das vistas, un tratamento máis dinámico do ceo e da auga, e un maior predominio do claroescuro, e naturalmente unha cantidade máis variada de lugares retratados lugares que visitou deixou unha indeleble mostra nos seus lenzos, que se distinguen polo traballado dos detalles e unha luminosidade característica con vistas de gran radio. As súas vistas realizadas en Varsovia tomáronse como modelo para a reconstrución da cidade logo dos bombardeos da segunda guerra mundial[1].
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/Bellotto_Behind_the_Iron_Gate_Square.jpg/220px-Bellotto_Behind_the_Iron_Gate_Square.jpg)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marie Hagen, Rainer Hagen, What Great Paintings Say, 2003, páxina 315, ISBN 3-8228-1372-9 e Stanley S. Sokol The Artists of Poland: A Biographical Dictionary from the 14th Century to the Present, 2000, páxina 19, ISBN 0-7864-0697-6
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bernardo Bellotto: un pittore veneziano a Varsavia, catalogo della mostra di Parigi a cura di S. Loire, H. Malachovicz e A. Rottermund, Milán, 2004.
- C. Beddington, Bernardo Bellotto and his circle in Italy : part I; not Canaletto but Bellotto, en "The Burlington magazine", 146, n. 1219, 2004.
- F. Pedrocco, schede in Pinacoteca Giovanni e Marella Agnelli al Lingotto, Xenebra-Milán, 2002
- Bernardo Bellotto, un ritorno a Verona: l'immagine della città nel Settecento, catalogo della mostra di Verona a cura di G. Marini, Venezia 2002.
- Stefan Kozakiewicz, Bernardo Bellotto, genannt Canaletto, volume I: "Leben und Werk" 310 páxinas; volume II "Katalog", 532 páxinas, Verlag Aurel Bongers, Recklinghausen 1972.