Giovanni Battista Sammartini
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1700 ![]() Milán ![]() |
Morte | 15 de xaneiro de 1775 ![]() Milán ![]() |
Mestre de capela | |
1728 – ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ducado de Milán ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor , musicólogo , profesor de música , director de orquestra , organista , mestre de capela ![]() |
Período de actividade | 1732 ![]() |
Xénero artístico | Ópera, sinfonía, sonata e música relixiosa ![]() |
Movemento | Música barroca ![]() |
Alumnos | Christoph Gluck ![]() |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
Instrumento | Órgano e violín ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Alexis Saint-Martin (en) ![]() ![]() |
Irmáns | Giuseppe Sammartini (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Giovanni Battista Sammartini, nado en Milán cara a 1700 ou 1701 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1775, foi un organista e compositor italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun oboísta francés trasladado a Milán. O seu irmán Giuseppe Sammartini era oboísta e tamén compositor.
Organista na Sant'Ambrogio de Milán e noutras igrexas, xogou un papel de primeiro plano na vida musical milanesa. Tivo como discípulo a Christoph Willibald Gluck e influíu en Mozart.
Compuxo música sacra, teatral e unha boa cantidade de música instrumental: sonatas, tríos, cuartetos, quintetos, concertos e sobre todo sinfonías, nas que anticiparía a forma que se desenvolvería no período clásico. Destas últimas foron rexistradas máis de setenta.
Obras[editar | editar a fonte]
- Óperas: Memet, drama en tres actos
- Sonatas: para órgano, para violoncello, para violín, para frauta, sonatas para trío (por exemplo frauta, violín e baixo continuo)
- Concertos: para violoncello e piccolo, para violín, para frauta
- Sinfonías: unhas 70.