Saltar ao contido

Glicoforina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glicoforina A
Dominio transmembrana dímero da glicoforina A humana (20 estruturas determinadas por RMN)
Identificadores
SímboloGYPA
PfamPF01102
InterProIPR001195
PROSITEPDOC00281
SCOPe1afo / SUPFAM
OPM superfamily25
OPM protein5eh4
Membranome156

Unha glicoforina é unha sialoglicoproteína da membrana plasmática dos glóbulos vermellos do sangue. É unha proteína que abrangue toda a membrana e contén moléculas de azucre (é unha glicoproteína). Está moi glicosilada (60%). As glicoforinas son ricas en ácido siálico, o que lles dá aos glóbulos vermellos un recubrimento cargado electricamente e moi hidrófilo. Isto permítelles circular polo sistema circulatorio sen adherirse a outras células ou ás paredes dos vasos sanguíneos.

Unha determinada mutación que se encontra nas glicoforinas crese que produce un 40% de redución do risco de padecer malaria grave. [1]

Identificación

[editar | editar a fonte]

Ao realizar a separación das membranas de glóbulos vermellos por medio de electroforese SDS-PAGE e tinguir con tinguidura de ácido periódico-Schiff (PAS), poden identificarse catro glicoforinas. Foron nomeadas como glicoforina A, B, C e D en orde da cantidade na que se presentan nas membranas, das cales a glicoforina A é a máis común e a D a menos común (a D considérase agora unha variante da C, xa que están codificadas no mesmo xene[2]). Identificouse unha quinta glicoforina (glicoforina E) no xenoma humano, pero non pode detectarse doadamente nunha tinguidura de xel de rutina. En total, as glicoforinas constitúen o ~2% do total da masa das proteínas da membrana dos glóbulos vermellos. Estas proteínas tamén se coñecen con outras nomenclaturas.

Membros da familia

[editar | editar a fonte]

Os seguintes catro xenes humanos codifican proteínas glicoforinas:

A glicoforina D considérase agora que é unha variante da glicoforina C.

  1. Leffler EM, Band G, Busby GB, Kivinen K, Le QS, Clarke GM, et al. (xuño de 2017). "Resistance to malaria through structural variation of red blood cell invasion receptors". Science 356 (6343): eaam6393. PMC 5575826. PMID 28522690. doi:10.1126/science.aam6393. 
  2. Wilder JA, Hewett EK, Gansner ME (August 2009). "Molecular Evolution of GYPC: Evidence for Recent Structural Innovation and Positive Selection in Humans". Mol. Biol. Evol. 26 (12): 2679–87. PMC 2775107. PMID 19679754. doi:10.1093/molbev/msp183. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.