Godofredo V de Anjou
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1113 ![]() Angers, Francia ![]() |
Morte | 7 de setembro de 1151 ![]() Château-du-Loir, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Catedral de Le Mans (pt) ![]() ![]() |
Duque de Normandía | |
Conde de Anjou | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Outro | |
Título | Conde Duque Conde de Anjou ![]() |
Familia | Casa de Anjou ![]() |
Cónxuxe | Matilde de Inglaterra (1128 (Gregoriano), 1128 (Gregoriano)–1151 (Gregoriano)) ![]() |
Parella | Adelaide of Angers ![]() |
Fillos | Mary of Shaftesbury ( ![]() Hamelin de Warenne, Earl of Surrey ( ![]() Henrique II de Inglaterra ( ![]() Godofredo VI de Anjou ( ![]() Guillerme X de Poitiers ( ![]() Emma de Anjou ( ![]() ![]() |
Pais | Fulque de Jerusalém ![]() ![]() |
Irmáns | Sibila de Anjou Matilda of Anjou Amalrico I de Jerusalém Elias II, Count of Maine Balduíno III de Jerusalém ![]() |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Godofredo V de Anjou, nado o 24 de agosto de 1113 e finado o 7 de setembro de 1151, foi fillo de Folque V o Novo, conde de Anjou (e rei de Xerusalén) e de Eremburga do Maine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1129 recibiu de seu pai os condados de Anjou, Maine e Turena. O 17 de xuño de 1124 casou con Matilde de Inglaterra, filla e herdeira de Henrique I de Inglaterra, viúva do emperador Henrique V de Alemaña.
Primeiro enfrontouse a unha revolta de señores liderada por Lisardo, señor de Sable e Guido IV de Laval. Entrou no Thouars e obrigou o vizconde Aimerico VI a se someter. Tamén se someteron os señores de Blaison, Parthenay e Mirabeau. Finalmente, tamén se someteu Peloquin, señor de L'Île Bouchard.
Henrique I morreu en 1135 pero a Coroa de Inglaterra e o Ducado de Normandía pasaron a Estevo de Blois malia as reclamacións de Godofredo, que atacou Normandía e conquistou Lisieux en 1136, pero resultou ferido. Houbo a continuación unha tregua.
A partir de 1141 iniciou a conquista de Normandía, que deu rematado en tres anos. En 1144 foi recoñecido por todos os señores.
En 1145 o seu irmán Elías rebelouse reclamando o condado do Maine e foi feito prisioneiro e morreu no cárcere (o 15 de xaneiro de 1151). Tamén someteu ao señor de Montreuil-Bellay, Xerardo de Berlai. En 1150 cedeu o ducado ao seu fillo Henrique. En agosto de 1151, mediante un tratado, cedeu o Vexin normando ao rei de Francia.
Morreu en Château-du-Loir o 7 de setembro de 1151 e sucedeuno o seu fillo máis vello Henrique I (Henrique II de Inglaterra), que nacera o 5 de maio de 1133.
8. Godofredo II Ferreol | ||||||||||||||||
4. Folque IV o Tiburón | ||||||||||||||||
18. Folque III Nerra | ||||||||||||||||
9. Ermengarda | ||||||||||||||||
2. Folque V o Novo | ||||||||||||||||
10. Simón I de Montfort | ||||||||||||||||
5. Bertrada de Montfort | ||||||||||||||||
11. Inés de Evreux | ||||||||||||||||
1. Godofredo V de Anjou | ||||||||||||||||
6. Elías I de Maine | ||||||||||||||||
3. Eremburga | ||||||||||||||||
7. Matilda | ||||||||||||||||