Saltar ao contido

Ricardo I de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo I de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Richard the Lionheart
(oc) Ricard Còr de Leon
(fr) Richard Cœur de Lion Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1157 Editar o valor en Wikidata
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 1199 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Châlus, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, Gangrena Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Fontevrault Editar o valor en Wikidata
Monarca de Inglaterra
3 de setembro de 1189 – 6 de abril de 1199 (finado no cargo)
← Henrique II de InglaterraXoán I de Inglaterra →
Duque de Normandía
3 de setembro de 1189 – 6 de abril de 1199 (finado no cargo)
← Henrique II de InglaterraXoán I de Inglaterra →
Conde de Anjou
Rei Imperio Anxevino
Duque de Gascuña
Duque de Aquitania
Conde de Maine
Conde de Poitiers
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarcabaleiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque
Conde de Anjou Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBerenguela de Navarra (1191, 1191 (Gregoriano)–1199) Editar o valor en Wikidata
ParellaJoan de St. Pol
NN Editar o valor en Wikidata
FillosFulk (?)
 () Joan de St. Pol
Filipe de Cognac, fillo ilexítimo
 () NN Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique II de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Leonor de Aquitania Editar o valor en Wikidata
IrmánsXoán I de Inglaterra
William Longespée, 3rd Earl of Salisbury
Geoffrey
Henrique o Rei Mozo
Godofredo II da Bretaña
Guilherme, Conde de Poitiers
Morgan
Leonor Plantagenet
Joana de Inglaterra, rainha da Sicília
Matilde de Inglaterra, Duquesa da Saxônia
Adelaida de Francia
María de Francia, condesa de Champagne Editar o valor en Wikidata
ParentesHenrique o León, cuñado
Afonso VIII de Castela, cunhado
Henrique I de Castela, sobriño
Sancho VII de Navarra, irmán da esposa Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
6 de abril de 1199death of richard I of England (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1079144 Musicbrainz: a38efd34-ccb7-4de8-aa61-cf985cfa9e79 WikiTree: Plantagenet-248 Find a Grave: 1952 Editar o valor en Wikidata
Ricardo I de Inglaterra nun retrato do século XVII

Ricardo I de Inglaterra, nado en Oxford o 8 de setembro de 1157 e finado o 6 de abril de 1199,[1] foi rei de Inglaterra desde o 6 de xullo de 1189 ata a súa morte. Tamén foi duque de Normandía como Ricardo IV, de Aquitania e de Gascuña, señor de Irlanda e Chipre, conde de Anjou e de Nantes. Foi coñecido como Ricardo Corazón de León, grazas á súa boa reputación como líder militar e guerreiro.[2] Os musulmáns referíanse a el como Melek-Ric' ou Malek al-Inkitar (Rei de Inglaterra).[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Ricardo foi o terceiro fillo home de Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania. Aínda que naceu no Palacio de Beaumont, en Oxford (Inglaterra) foi esencialmente francés, ó igual que a maior parte da familia real. Tras a separación dos seus pais permaneceu coa súa nai e recibiu o título de duque de Aquitania en 1168 e conde de Poitiers en 1172. Mentres, o seu irmán Henrique foi coroado como segundo rei de Inglaterra, ao servizo do seu pai.

Ricardo foi un home de moi boa educación. Escribiu poesía tanto en francés como en occitano. Dicíase del que era moi atractivo, con cabelos rubios e loiros, ollos claros e pel pálida, aínda que esta descrición debe tomarse con cautela ó non ser contemporánea nin por corresponder coa imaxe da súa efixie en Fontevraud. Aparentemente tiña unha estatura maior ca da media, pero dado que o seu corpo se perdeu durante a Revolución Francesa, non se coñece a súa altura exacta.

Desde a mocidade pareceu mostrar habilidades políticas e militares destacadas e volveuse notorio póla súa valentía e cabaleirosidade, loitando fortemente para controlar as revoltas dos nobres no seu propio territorio. Como os seus irmáns, Ricardo desafiou á autoridade do seu pai constantemente e o seu sentido da responsabilidade volvíase cuestionable.

Revoltas contra Henrique II

[editar | editar a fonte]

En 1161, o seu irmán Henrique foi coroado co-rei de Inglaterra xunto co seu pai, sendo ademais designado como Henrique II (1170-1183), pero os historiadores adoitan chamalo Henrique o Mozo para non confundilo co seu sobriño do mesmo nome Henrique III. En 1173, xunto cos seus irmáns Henrique e Godofredo, e apoiados polo rei Filipe II de Francia e a súa nai, rebelouse contra o seu pai, planeando destronalo e deixar ó seu irmán Henrique como único rei de Inglaterra. Neste primeiro enfrontamento, Henrique II saíu vitorioso e mandou encerrar a Leonor de Aquitania.

Henrique II invadiu Aquitania en dúas ocasións. Ós dezasete anos, Ricardo foi o último en manterse en contra do seu pai, finalmente negouse a loitar con el fronte a fronte e pediulle perdón. En 1174, Ricardo prestou xuramento de lealdade ó seu pai.

Entre 1181 e 1182, Ricardo enfrontou unha rebelión sobre a sucesión do condado de Angoulême. Os seus opositores foron onda Filipe II de Francia para pedirlle o seu apoio e a loita estendeuse cara Lemosín e Périgord. Ricardo foi acusado de crueldade contra os seus obxectivos. Porén, co apoio do seu pai e de Henrique o Mozo, tivo éxito sobre o vizconde Aimar V de Limoges e o conde Elie de Périgord.

Cando Ricardo sufocou a rebelión dos condes, volveu a desafiar o seu pai no trono. Entre 1180 e 1183 creceu a tensión entre Ricardo e o seu pai, como rei, Henrique II mandaba a Ricardo pagarlle homenaxe ó seu irmán Henrique o Mozo, pero Ricardo negábase. Finalmente en 1183, Henrique o Mozo e Godofredo, duque da Bretaña, invadiron Aquitania nun intento de someter a Ricardo. O conflito tivo unha breve pausa cando en 1183 finou Henrique o Mozo. Pero Henrique II apresurouse a dar permiso ó seu fillo máis novo Xoán para invadir Aquitania. Ó finar Henrique o Mozo, Ricardo pasou a ser o herdeiro ó trono de Inglaterra, porén seguiu loitando contra o seu pai.

No 1187, Ricardo alíase con Filipe II de Francia, ó que Ricardo promete concederlle os seus dereitos sobre Normandía e Anjou. En 1188, Henrique II planea darlle Aquitania ó seu fillo Xoán. Un ano máis tarde, Ricardo trata de tomar o trono de Inglaterra para si mesmo. O 4 de xullo de 1189 as forzas de Ricardo e Filipe derrotaron ó exército de Henrique en Ballans.

Henrique, co consentimento de Xoán, acorda nomear a Ricardo como sucesor. O 6 de xullo, Henrique II de Inglaterra finou en Chinon e Ricardo converteuse en rei de Inglaterra, duque de Normandía e conde de Anjou. Roger de Hoveden afirma que o corpo de Henrique sangrou polo nariz en presenza de Ricardo, o que se tomou como un sinal de que Ricardo fora o que causou a súa morte. Finalmente foi coroado como duque o 20 de xullo e como rei na Abadía de Westminster, en Londres, o 3 de setembro.

Rei de Inglaterra

[editar | editar a fonte]
Tumba en Fontevraud.

Libre para perseguir os seus propios intereses, Ricardo non permaneceu moito tempo en Inglaterra. Inmediatamente despois da súa subida ao trono comezou a preparar a expedición á Terra Santa, que seria a Terceira Cruzada. Para tal propósito, acudiu ó tesouro do seu pai, cobrou novos impostos, vendeu títulos e cargos por cuantiosas sumas a quen quixese pagar e liberou o rei Guillerme I de Escocia do seus impostos de vasalaxe por 10,000 marcos. O único problema foi a constante ameaza que Filipe II de Francia representaba para os seus territorios continentais, e que Ricardo solucionou convencéndoo para que se unise tamén á cruzada.

A primeira parada dos cruzados foi en Sicilia cara 1190, onde Ricardo e Filipe se inminscuiron na política local, saqueando algunhas cidades do camiño. Foi neste momento cando Ricardo se gañou a inimizade do Sacro Imperio Romano Xermánico e nomeou o seu sobriño Arturo como o seu herdeiro. No 1191, Ricardo e o seu exército desembarcan en Chipre debido a unha tempestade. A presenza de tantos homes foi considerada unha ameaza polo líder bizantino da illa, e en breve xurdiron os conflitos. A resposta de Ricardo foi violenta: non só se negou a partir, senón que masacrou os habitantes das cidades que se lle resistiran. Despois do cerco de Cantaras, Isaac Comneno abdicou e Ricardo fíxose co poder da illa. Foi tamén neste ano cando casou coa princesa Berenguela de Navarra.

En xuño de 1191, Ricardo chegou á Terra Santa a tempo de aliviar o cerco de Acre imposto por Saladino. Malia a quedar sen aliados, a causa dunha serie de problemas con Filipe de Francia e co duque Leopoldo V de Austria, a campaña foi todo un éxito e deulle o status de heroe. Mentres, a influencia do seu irmán Xoán en Inglaterra e de Filipe II, demasiado próximo a Aquitania e Normandía, obrigárono a volver a Europa.

Na viaxe de volta, Ricardo encontrouse con Leopoldo V de Austria, que aínda non lle perdoara os insultos recibidos en Chipre, foi feito prisioneiro e entregado ó emperador Henrique IV. O seu cativerio en Dürnstein, Austria, non foi moi duro e durante os catorce meses que estivo retido (de decembro de 1192 a febreiro de 1194) Ricardo continuou tendo acceso ós privilexios que determinaban a súa condición de rei. O seu rescate custou uns 150.000 marcos pagados do tesouro de Inglaterra, suma que cuadriplicaba á renda anual da coroa, e que colocou ó país na bancarrota. Como proba de agradecemento a Deus pola súa liberación, Ricardo arrepentiuse publicamente dos seus pecados e foi coroado por segunda vez. A pesar dos esforzos de Inglaterra por liberalo, Ricardo abandonou de novo o país para combater por problemas fronteirizos con Francia para xa non volver máis.

Ricardo finou, cando atacaba o castelo de Châlus-Chabrol,[4] a consecuencia das feridas provocadas por unha frecha que o acadou no abdome en abril de 1199.Se usara unha armadura ese día, non morrería. O seu corpo foi sepultado na Abadía de Fontevraud, a carón de Henrique II e de Leonor de Aquitania.

  1. Meseguer, p. 100
  2. "Turner & Heiser 71"
  3. 'Maalouf' . Les Croisades vues par les Arabes. Editorial: J'ai lu. Autor: Amin Maalouf. Idioma: Francés. Ano: 1984. Páxinas 318. ISBN 2-290-11916-4. Parte: V. Número: XI. Capítulo: L'impossible rencontre
  4. Meseguer, p. 96

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Meseguer, Enrique. "La muerte de Ricardo Corazón de León". Historia. National Geographic (172): 88–103. ISSN 1696-7755. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Henrique II de Inglaterra
 
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
 
1189 - 1199
Sucesor:
Xoán I de Inglaterra