Saltar ao contido

Guillerme I de Normandía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme I de Normandía

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento905 Editar o valor en Wikidata
Bayeux, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 942 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
Picquigny, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Rouen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Duque de Normandía
927 – 17 de decembro de 942 (finado no cargo)
← Hrolf GangerRicardo I de Normandía → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloJarls (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Normandía Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLuitgarda de Vermandois (935 (Gregoriano)–)
Esprota (932 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosRicardo I de Normandía
 () Esprota Editar o valor en Wikidata
PaisHrolf Ganger Editar o valor en Wikidata  e Poppa de Bayeux Editar o valor en Wikidata
IrmánsGerloc Editar o valor en Wikidata
ParentesAdelaide da Normandia, meia-irmã
Odo de Bayeux, maternal half-brother
Roberto, maternal half-brother Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Normandie-41

Guillerme I de Normandía, nado en Bayeux antes de 910 e finado en Picguigny o 17 de decembro de 942, chamado Guillerme Longa-Espada, era fillo natural de Hrolf Ganger e de Poppa de Bayeux.[1] Considérase o segundo duque de Normandía aínda que dito título non existiría como tal até o século XI. El era, ante todo, o Jarl dos normandos do Sena.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O sucesor de Hrolf

[editar | editar a fonte]

Un poema escrito pouco despois de que morrese Guillerme I pon de manifesto que este naceu en ultramar, dunha nai cristiá e dun pai que era, aínda, pagán.[2] Este último Hrolf non era naquel momento o jarl da futura Normandía. Era aínda un xefe viquingo que percorría os mares á procura dalgunhas terras susceptíbeis de ser saqueadas.

Unha vez instalado por Carlos o Simple en Normandía (911), Guillerme pasou a ser o xefe deste territorio. Dudon de Saint-Quentin explica que, cara ao 927 Hrolf non estaba capacitado para gobernar.[3] Unha asemblea de normandos e bretóns elixiu a Guillerme como xefe. Apenas elixido, encomendouse a Carlos o Simple.

É moi difícil facer un retrato do novo jarl dos normandos do Sena. O poema de Dudon de Saint-Quentin tende a ser, máis ben, unha haxiografía. Con todo, non cabe a menor dúbida de que Guillerme foi, ao contrario que o seu pai, un verdadeiro cristián. En 935 casou, cristianamente, con Luitgarda, filla de Herberto II, conde de Vermandois. O jarl fixo diferentes doazóns aos cóengos do monte Saint-Michel e fixo restaurar a abadía de Jumièges, á que pensaba retirarse.

O principado de Guillerme corresponde a unha consolidación da recentemente creada Normandía. Dudon presenta ao jarl como un restaurador da paz e da orde. Lucien Musset, descríbeo, máis recentemente, como: «o principal artesán da resurrección normanda. A el débeselle atribuír o éxito definitivo do enxerto escandinavo no tronco romano-franco que permitiu ao Estado fundado en 911 atravesar vitoriosamente a crise xeral que viviu nos anos 940 o mundo escandinavo de Occidente».[4]

Guillerme e os bretóns

[editar | editar a fonte]

Cara a 931, a Bretaña, ocupada polos normandos do Loira, pasaba por un período dificultoso. Os bretóns rebeláronse contra os ocupantes. Guillerme I, apoiado polos normandos do Loira, invadiu a Bretaña. Os líderes bretóns Alan II da Bretaña e Yuzhael Berengar de Rennes foron abatidos. O primeiro fuxiu ao outro lado do Canal da Mancha; o segundo reconciliouse co normando.

Como consecuencia da vitoria de Guillerme, Dudon de Saint-Quentin repite porfiadamente que Guillerme Longa-Espada era o duque dos normandos e dos bretóns. Con todo atopouse no Monte Saint-Michel unha moeda que o designa como duque dos bretóns. Estes últimos aparecen repetidas veces ao redor do jarl, como se a Bretaña formase parte das terras dominadas por Guillerme. Máis ben que unha conquista, Musset suxire que había un protectorado de Normandía sobre a Bretaña.

En 933, Guillerme rendeu homenaxe ao rei Raúl «pola terra dos bretóns situada a beiras do mar». Non se trata, por suposto, da Bretaña, xa que o soberano non tiña ningún dereito sobre este territorio. Os historiadores consideran, habitualmente, que esta concesión concernía a Cotentín e Avranchin, rexións cedidas aos bretóns por Carlos o Calvo sesenta e seis anos antes (no tratado de Compiègne). En 933, Normandía case alcanzara a súa extensión definitiva.

No entanto, Kart-Ferdinand Werner, advirte que non se ten ningunha proba clara de que o décimo jarl de Ruán dominase, efectivamente, estes confíns occidentais.[5] A concesión do rei Raúl (formal, dado que el non controlaba esta parte de Normandía), induce, sobre todo a Guillerme, a someter os bretóns do Cotentin integrándoos ao seu reino por medio da homenaxe do jarl.

A rebelión de Riulf

[editar | editar a fonte]

Cara ao 934 Guillerme atopouse enfrontado a unha rebelión de normandos dirixidos por Riulf (Herjólfr). A orixe xeográfica desta rebelión é incerta. Guillerme de Jumièges fala "do interior de Normandía".[6] O cronista do século XII Orderico Vital escribiu que Riulf viña de Évrecin, en tanto que Lucien Muset opina que os normandos rebeldes proviñan do oeste, xa que dada a súa orixe franca (pola súa nai) e a súa política favorábel aos francos, estaban máis próximos ao jarl.[6][7] Riulf conduciu aos revolucionarios até as murallas de Ruán, onde Guillerme derrotou aos adversarios.

Este episodio non foi ignorado polos historiadores. Segundo o seu criterio non foi máis que a rebelión dos viquingos que ocupaban o oeste ou o centro de Normandía, que non querían someterse á autoridade dos jarls de Ruán. Aínda que breve, este acontecemento puxo de manifesto a tese dunha Normandía imperfectamente controlada polos descendentes de Hrolf. Riulf foi o exemplo dun destes líderes viquingos, independentes do poder de Ruán.[8]

A emboscada de Picquigny

[editar | editar a fonte]

Con Arnulfo I de Flandres, Herberto II de Vermandois e Hugo o Grande, Guillerme I formaba parte dun pequeno grupo de príncipes que tiñan un labor preponderante no norte do reino. Unhas veces aliados, outras enfrontados, apoiaban ou se opuñan ao rei indistintamente.

Nos anos 935/40 o jarl casou, cristianamente, con Luitgarda de Vermandois, filla de Herberto II, conde de Vermandois. En 936, segundo Dudon Saint Quentin, o apoio normando resultou decisivo para restablecer no trono de Francia ao pretendente carolinxio Lois de Ultramar. Pero en 940, Guillerme aliouse co duque dos francos Hugo o Grande e con Herberto II de Vermandois, contra Arnulfo de Flandres. Guillerme axudounos nos asedios de Reims e de Laon até conseguir un acordo con Lois de Ultramar.

As relacións entre Normandía e Flandres eran precarias. En 925, cando Rollon era aínda o jarl dos normandos, Arnulfo I tomara a fortaleza de Eu, pero en 939 Guillerme e Arnould prestaron xuramento, conxuntamente, ao rei Otón I de Alemaña, en contra do rei dos francos. En 938/939, Herluin II conde de Ponthieu perdeu Montreuil-sur-Mer a mans do conde Arnulfo I de Flandres (e de Artois) e solicitou a axuda de Guillerme Longa-Espada. Finalmente interviñeron os normandos. Segundo Richer e Dudon de Saint-Quentin o jarl de Ruán combateu persoalmente. Montreuil foi recuperado en 939. Unha vez recuperada a súa cidade, Herluin rendeu homenaxe de fidelidade a Guillerme, por Ponthieu. Os normandos controlaban a Picardía marítima impedindo, desta maneira, a expansión do principado flamengo cara ao Sur.

O suceso de Montreuil quizais explique o tráxico fin de Guillerme I. O 17 de decembro de 942 Guillerme foi convidado por Arnulfo de Flandres a unha entrevista, urdida polos príncipes francos, contrarios ao aumento de poder de Normandía, co pretexto dun acordo, a entrevista tiña que se levar a cabo nun lugar chamado Picquigny. Apenas acabaran de asinar a paz, ambos os príncipes, nunha illa do río Somme, cando Guillerme I foi asasinado a traizón, posibelmente por Balduíno, fillo do conde de Cambrai, e por orde de Arnulfo I.

Estatua funeraria de Guillerme Longa-Espada na catedral de Notre-Dáme de Ruán.

Os seus fieis recuperaron o seu corpo. Encima del atópase unha chave que abre un cofre que garda un pano, o pano dos monxes. A súa tumba atópase na catedral de Ruán.

Familia e descendencia

[editar | editar a fonte]

Pais:

Esposas

Irmá

Fillos

  1. Chamado Viljâlmr Langaspjôt nas sagas escandinavas
  2. La Complainte de Guillaume Longue Épée.
  3. Segundo o historiador D. C. Douglas, Hrolf estaba, posibelmente, morto. C. D. Douglas, «Rollo of Normandy», The English Historical Review, vol. 57, n°228, oct. 1942, p. 434-435.
  4. Lucien Musset, «Naissance de la Normandie», Michel de Bouärd (dir.), Histoire de la Normandie, Privat, Toulouse, 1970, páx. 109.
  5. Karl-Ferdinand Werner, «Algunas objeciones respecto a los inicios del ducado de Normandía. Derechos privados y instituciones regionales», en Droit privé et Institutions régionales. Estudios históricos ofrecidos por Jean Yver, París, PUF, 1976, pax. 701.
  6. 6,0 6,1 Guillaume de Jumièges, ibid, pag. 62.
  7. Lucien Musset, ibid, páx. 109
  8. Pierre Bauduin, la Première Normandie (Xe-XIe siècle), Presses Universitaires de Caen, 2002, páx. 80.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pierre Bauduin, la Première Normandie (Xème siècle), Presses Universitaires de Caen, 2002 (en francés).
  • François Neveux, la Normandie des ducs aux Rois. (Xème siècle). Ouest-France Université, Rennes, 1998 (en francés).