Graham Priest
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Educación | London School of Economics Universidade de Cambridge St John's College (pt) ![]() ![]() |
Director de tese | John Lane Bell (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo ![]() |
Empregador | Universidade de Melbourne (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Greg Restall (en) ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() |
Graham Priest, nado en Londres en 1948, é un filósofo e lóxico contemporáneo. Foi profesor no CUNY e nas universidades de Melbourne e St Andrews.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graham Priest naceu en Londres en 1948. Estudou no St John's College de Cambridge e na London School of Economics. O seu director de tese foi John Lane Bell. Tamén é doutor pola Universidade de Melbourne.[1] Foi elixido membro correspondente da Academia Australiana de Humanidades en 1995.[2]
Priest viviu longo tempo en Australia e en Nova York. É autor de moitos libros e artigos de investigación en revistas de alto impacto. Foi asiduo colaborador do pensador neozelandés Richard Sylvan, co que compartía moitas das súas ideas.
Para alén do seu traballo intelectual, Priest practica o karate e mais o tai chi.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Priest é coñecido pola súa defensa do dialeteísmo (a postura filosófica segundo a cal existen proposicións que son verdadeiras e falsas a un tempo), as súas análises sobre paradoxos lóxicos (en especial, pola súa tese de que existe un xeito uniforme de resolver moitos dos paradoxos máis coñecidos, como os semánticos, os da teoría de conxuntos e mais as variantes do mentireiro), e os seus escritos sobre a paraconsistencia e as lóxicas non-clásicas. Nos seus estudos, toma elementos da historia da filosofía, incluíndo a filosofía oriental.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- In Contradiction: A Study of the Transconsistent (1987)
- Beyond the Limits of Thougt (1995)
- Logic: A Very Short Introduction (2000)
- Introduction to Non-Classical Logics: From If to Is (2001)
- Doubt Truth to Be a Liar (2006)
- Towards Non-Being: The Semantics and Metaphysics of Intentionality (2007)
- Logic: A Brief Insight (2010)
- One: Being an Investigation into the Unity of Reality and of its Parts, including the Singular Object which is Nothingness (2014)
- The Fifth Corner of Four: An Essay on Buddhist Metaphysics and the Catuskoti (2017)
- Capitalism: Its Nature and Its Replacement (2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Graham Priest". web.archive.org. 2015-07-10. Consultado o 2024-12-22.
- ↑ "Fellow Profile: Graham Priest". Australian Academy of the Humanities (en inglés). Consultado o 2024-12-22.