Gran Premio de Alemaña de 1961
Nome oficial | XXIII Grosser Preis von Deutschland |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (de) XXIII Grosser Preis von Deutschland |
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 |
Distancia do evento | 15 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Alemaña |
Data | 6 de agosto de 1961 |
Competición | |
Primeiro posto | Stirling Moss |
Pole position | Phil Hill |
Volta máis rápida | Phil Hill |
O Gran Premio de Alemaña de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 6 de agosto de 1961 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1961 e a carreira número 100 desde que se estableceu o Campionato do Mundo en 1950.
A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss pilotando un Lotus 18/21 para o equipo privado Rob Walker Racing Team. Moss comezou desde a segunda fila da grella e liderou todas as voltas da carreira. Foi a primeira vitoria nun Gran Premio de Alemaña dun coche con motor traseiro desde que o Auto Union Tipo C de Bernd Rosemeyer lograra a vitoria en 1936. Moss terminou a pouco máis de 20 segundos por diante dos Ferrari 156 pilotados por Wolfgang von Trips e Phil Hill, rompendo unha serie de catro carreiras consecutivas de vitorias de Ferrari. O resultado levou a Moss ao terceiro lugar no campionato, converténdose no único piloto fora do trío de pilotos de Ferrari, Von Trips, Hill e Richie Ginther, que seguian en carreira con posibilidades de converterse no campión do mundo de 1961 a falta das dúas carreiras restantes.
Foi a última aparición no seu país de orixe do líder von Trips antes da súa morte no Gran Premio de Italia cinco semanas máis tarde. O seu segundo posto asegurou a Ferrari o campionato de construtores.
Remataron 17 pilotos dos 26 que comezaron a carreira clasificados aínda que Bernard Collomb co seu (Cooper T53) non clasificou ó non completar o 75% da distancia da carreira.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltass | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Stirling Moss | Lotus-Climax | 15 | 2:18:12.4 | 3 | 9 |
2 | 3 | Wolfgang von Trips | Ferrari | 15 | +21.4 segs | 5 | 6 |
3 | 4 | Phil Hill | Ferrari | 15 | +22.5 segs | 1 | 4 |
4 | 14 | Jim Clark | Lotus-Climax | 15 | +1:17.1 | 8 | 3 |
5 | 18 | John Surtees | Cooper-Climax | 15 | +1:53.1 | 10 | 2 |
6 | 2 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 15 | +2:41.4 | 12 | 1 |
7 | 9 | Dan Gurney | Porsche | 15 | +3:23.1 | 7 | |
8 | 5 | Richie Ginther | Ferrari | 15 | +5:23.1 | 14 | |
9 | 28 | Jackie Lewis | Cooper-Climax | 15 | +5:23.7 | 18 | |
10 | 19 | Roy Salvadori | Cooper-Climax | 15 | +12:11.5 | 15 | |
11 | 33 | Tony Maggs | Lotus-Climax | 14 | +1 volta | 22 | |
12 | 30 | Ian Burgess | Cooper-Climax | 14 | +1 volta | 24 | |
13 | 11 | Hans Herrmann | Porsche | 14 | +1 volta | 11 | |
14 | 31 | Carel Godin de Beaufort | Porsche | 14 | +1 volta | 17 | |
15 | 37 | Tony Marsh | Lotus-Climax | 13 | +2 voltas | 20 | |
16 | 27 | Gerry Ashmore | Lotus-Climax | 13 | +2 voltas | 25 | |
Ret | 6 | Willy Mairesse | Ferrari | 13 | Accidente | 13 | |
Ret | 20 | Maurice Trintignant | Cooper-Maserati | 12 | Motor | 21 | |
NC | 38 | Bernard Collomb | Cooper-Climax | 11 | Non Clasificado | 26 | |
Ret | 32 | Lorenzo Bandini | Cooper-Maserati | 10 | Motor | 19 | |
Ret | 16 | Tony Brooks | BRM-Climax | 6 | Motor | 9 | |
Ret | 8 | Jo Bonnier | Porsche | 5 | Motor | 4 | |
Ret | 26 | Wolfgang Seidel | Lotus-Climax | 3 | Dirección | 23 | |
Ret | 17 | Graham Hill | BRM-Climax | 1 | Accidente | 16 | |
Ret | 15 | Innes Ireland | Lotus-Climax | 1 | Lume | 6 | |
Ret | 1 | Jack Brabham | Cooper-Climax | 0 | Accidente | 2 | |
Ret | 10 | Edgar Barth | Porsche | Coche non listo | |||
Ret | 12 | Masten Gregory | Cooper-Climax | Coche pilotado por Burgess | |||
Ret | 25 | Michael May | Lotus-Climax | Accidente na práctica | |||
Ret | 29 | Piero Monteverdi | MBM-Porsche | ||||
Ret | 34 | Renato Pirocchi | Cooper-Climax | ||||
Ret | 35 | Geoff Duke | Cooper-Climax | Coche non preparado | |||
Ret | 39 | John Campbell-Jones | Cooper-Climax |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta: Stirling Moss 15 voltas (1-15).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1961 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1961 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1961 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1961 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1959 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1962 |