Saltar ao contido

Tony Maggs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTony Maggs

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Pretoria, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Caledon, Suráfrica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Cooper Car Company
-Scuderia Centro Sud
-Reg Parnell Racing Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Anthony Francis O'Connell "Tony" Maggs nado en Pretoria, Suráfrica o 9 de febreiro de 1937 e finado o 2 de xuño de 2009,[1] foi un piloto de competición de Suráfrica. Participou en 27 Grandes Premios do Campionato do Mundo, no que debutou o 15 de xullo de 1961. Logrou tres podios e anotou un total de 26 puntos de campionato.

Era o fillo dun rico agricultor e home de negocios, Tony Maggs formou parte do equipo de Fórmula Júnior de Ken Tyrrell, nun Cooper-BMC en 1961 e compartiu o Campionato de Europa con Jo Siffert.[2] Foi invitado ao equipo Cooper de Fórmula Un para 1962-1963, terminou segundo no Gran Premio de Francia ambos anos, pero foi substituído a finais de 1963.[3][4]

Maggs marchou a Scuderia Centro Sud para 1964 e pese ao feito de que o seu BRM P57 non era unha máquina moderna logrou puntuar en dúas das tres carreiras nas que logrou saír,[2] tamén volveu a Fórmula 2 cun MRP Lola e con David Piper gañou a carreira das 9 Horas de Kyalami nun Ferrari GTO.[2]

En 1965, Maggs competiu soamente nunha carreira de Fórmula 1, con Reg Parnell Racing, no Gran Premio de Suráfrica de 1965 no Circuíto Prince George, pero continuou participando con éxito tanto en Fórmula 2 como en coches deportivos,[2] pero nunha carreira nacional en Pietermaritzburg estrelou o seu Brabham e un espectador de pé nunha zona restrinxida foi golpeado e morreu. Maggs inmediatamente retirouse do deporte do motor para concentrarse nos seus intereses comerciais.

Maggs morreu o 2 de xuño de 2009, de cancro.

Resultados completos na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1961 Louise Bryden-Brown Lotus 18 Climax 4 en liña MON NED BEL FRA GBR
13
ALE
11
ITA USA NC 0
1962 Cooper Car Company Cooper T55 Climax 4 en liña NED
5
MON
Ret
ALE
9
13
Cooper T60 Climax V8 BEL
Ret
FRA
2
GBR
6
ITA
7
USA
7
RSA
3
1963 Cooper Car Company Cooper T66 Climax V8 MON
5
BEL
7
NED
Ret
FRA
2
GBR
9
ALE
Ret
ITA
6
USA
Ret
MEX
Ret
RSA
7
9
1964 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 MON NED
NTS
BEL
NTS
FRA GBR
Ret
ALE
6
AUT
4
ITA USA MEX 12º 4
1965 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 RSA
11
MON BEL FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0
  1. "Tony Maggs 1937-2009". GrandPrix.com. Inside F1. 4 de xuño de 2009. Consultado o 2009-06-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 238. ISBN 0851127029. 
  3. Straw, Edd (2009-06-05). "Tony Maggs, 1937-2009". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2009-06-05. 
  4. Biodata