Gran Premio de Mónaco de 1950
Nome oficial | Prix de Monte-Carlo et XI Grand Prix Automobile |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 |
Distancia do evento | 100 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 21 de maio de 1950 |
Competición | |
Primeiro posto | Juan Manuel Fangio |
Pole position | Juan Manuel Fangio |
Volta máis rápida | Juan Manuel Fangio |
O Gran Premio de Mónaco de 1950 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 21 de maio de 1950 en Mónaco. Esta carreira foi a segunda carreira do Campionato do Mundo de Pilotos de 1950. A carreira, disputada sobre 100 voltas cunha distancia total de 318´1 quilómetros foi gañada por Juan Manuel Fangio do equipo Alfa Romeo logo de saír desde a pole position. Alberto Ascari terminou segundo con Ferrari e Louis Chiron terminou 3º con Maserati.
Informe
[editar | editar a fonte]Logo de dúas sesións de cualificación, o xoves e o sábado, Charles Pozzi, Yves Giraud-Cabantous, Pierre Levegh e Clemente Biondetti non comezaron, a carreira foi dominada por Juan Manuel Fangio, quen anotou a súa primeira vitoria nun Campionato do Mundo, pilotando un Alfa Romeo. A grella de saída consistía en alternar filas de tres e dous, partindo de tres na primeira fila e continuando ata os dous na oitava fila. A carreira viuse embazada por un gran choque en cadea na primeira volta, cando unha onda no porto alagou a pista na esquina de Tabac. Nino Farina que ía segundo, fixo un trompo e estrelouse, Fangio logrou escapar do caos. Os que estaban detrás deles trataron de parar ou evitar a colisión, pero oito pilotos máis (dun total de 19 pilotos) estreláronse e retiráronse. Ningún deles resultou ferido, José Froilán González, que danou o seu Maserati no choque en cadea, continuou correndo en segundo lugar, pero estrelouse durante a segunda volta. O seu coche incendiouse e sufriu queimaduras. A carreira continuou con moitos coches aparcados na esquina de Tabac, case causando outros accidentes.
O Cooper de Harry Schell foi o primeiro coche con motor traseiro en iniciar unha carreira de campionato.
Equipos
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Volta | Dife |
---|---|---|---|---|---|
1 | 34 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 1:50.2 | - |
2 | 32 | Giuseppe Farina | Alfa Romeo | 1:52.8 | + 2.6 |
3 | 2 | José Froilán González | Maserati | 1:53.7 | + 3.5 |
4 | 14 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 1:54.1 | + 3.9 |
5 | 36 | Luigi Fagioli | Alfa Romeo | 1:54.2 | + 4.0 |
6 | 38 | Luigi Villoresi | Ferrari | 1:52.3 | + 2.1 |
7 | 40 | Alberto Ascari | Ferrari | 1:53.8 | + 3.6 |
8 | 48 | Louis Chiron | Maserati | 1:56.3 | + 6.1 |
9 | 42 | Raymond Sommer | Ferrari | 1:56.6 | + 6.4 |
10 | 16 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 1:57.7 | + 7.5 |
11 | 10 | Robert Manzon | Simca-Gordini | 2:00.4 | + 10.2 |
12 | 52 | Toulo de Graffenried | Maserati | 2:00.7 | + 10.5 |
13 | 12 | Maurice Trintignant | Simca-Gordini | 2:01.4 | + 11.2 |
14 | 24 | Cuth Harrison | ERA | 2:01.6 | + 11.4 |
15 | 50 | Prince Bira | Maserati | 2:02.2 | + 12.0 |
16 | 26 | Bob Gerard | ERA | 2:03.4 | + 13.2 |
17 | 44 | Franco Rol | Maserati | 2:04.5 | + 14.3 |
18 | 4 | Alfredo Pián | Maserati | Sen tempo | - |
19 | 6 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 2:12.0 | + 21.8 |
20 | 8 | Harry Schell | Cooper-JAP | Sen tempo | - |
21 | 28 | Peter Whitehead | Ferrari | Sen tempo | - |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 34 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 100 | 3:13:18.7 | 1 | 9 |
2 | 40 | Alberto Ascari | Ferrari | 99 | + 1 volta | 7 | 6 |
3 | 48 | Louis Chiron | Maserati | 98 | + 2 voltas | 8 | 4 |
4 | 42 | Raymond Sommer | Ferrari | 97 | + 3 voltas | 9 | 3 |
5 | 50 | Prince Bira | Maserati | 95 | + 5 voltas | 15 | 2 |
6 | 26 | Bob Gerard | ERA | 94 | + 6 voltas | 16 | |
7 | 6 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 94 | + 6 voltas | 19 | |
Ret | 38 | Luigi Villoresi | Ferrari | 63 | Eixo traseiro | 6 | |
Ret | 14 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 38 | Fuga aceite | 4 | |
Ret | 2 | José Froilán González | Maserati | 1 | Accidente | 3 | |
Ret | 32 | Giuseppe Farina | Alfa Romeo | 0 | Accidente | 2 | |
Ret | 36 | Luigi Fagioli | Alfa Romeo | 0 | Accidente | 5 | |
Ret | 16 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 0 | Accidente | 10 | |
Ret | 10 | Robert Manzon | Simca-Gordini | 0 | Accidente | 11 | |
Ret | 52 | Toulo de Graffenried | Maserati | 0 | Accidente | 12 | |
Ret | 12 | Maurice Trintignant | Simca-Gordini | 0 | Accidente | 13 | |
Ret | 24 | Cuth Harrison | ERA | 0 | Accidente | 14 | |
Ret | 44 | Franco Rol | Maserati | 0 | Accidente | 17 | |
Ret | 8 | Harry Schell | Cooper-JAP | 0 | Colisión | 20 | |
NTS | 28 | Peter Whitehead | Ferrari | Motor | 21 | ||
NTS | 4 | Alfredo Pián | Maserati | Accidente nas prácticas | 18 |
Voltas rápidas en carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Dife. | Volta | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 34 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 1:51.0 | - | ? | 1 |
2 | 14 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 1:57.9 | + 6.9 | ? | |
3 | 6 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 2:00.2 | + 9.2 | ? |
Notas
[editar | editar a fonte]- As primeiras cinco posicións na grella estaban reservadas para os cinco tempos máis rápidos da primeira sesión de cualificación do xoves. O resto da grella baséase nos tempos da segunda sesión clasificatoria do sábado.
- Pilotos: 25 competidores, 21 cualificados para a carreira, 7 clasificados
- Números: # 30 non asignado.
- Líder: Juan Manuel Fangio (100-100 voltas, a carreira completa)
- Primeira carreira na Fórmula 1 para a Scuderia Ferrari
- Primeiro podio para a Scuderia Ferrari
- Primeiros puntos para a Scuderia Ferrari
- Primeira Grand Chelem na historia da Fórmula Un (pole, volta rápida, gañar e liderar todas as voltas).
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Puntos |
---|---|---|
1 | Giuseppe Farina | 9 |
2 | Juan Manuel Fangio | 9 |
3 | Luigi Fagioli | 6 |
4 | Alberto Ascari | 6 |
5 | Louis Chiron | 4 |
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os catro mellores resultados contan para o campionato.
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1950 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-05.
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1950 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1950 |
Carreira seguinte: 500 Millas de Indianápolis de 1950 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1948 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1952 |