Gran Somalia
Gran Somalia é unha expresión que se refire ás rexións do Corno de África onde viven etnias somalís.
A Gran Somalia abarca Somalia (unión das antigas Somalia italiana e Somalia británica), o leste de Etiopía (Ogadén), o leste de Djibuti e o nordeste de Kenya.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe do termo
[editar | editar a fonte]Historicamente foron os italianos os primeiros que falaron da "Gran Somalia" na primeira metade do século XX.
Primeira guerra mundial
[editar | editar a fonte]O Reino de Italia ampliou as súas posesións na colonia da Somalia italiana, no curso da primeira guerra mundial, co territorio do nordeste de Kenya, poboado por somalís, ao que chamaron Oltre Giuba (Ultra Xuba, coñecida na bibliografía internacional como Xubalandia).
Conquista italiana de Etiopía
[editar | editar a fonte]En 1936, despois da conquista de Etiopía polos italianos, a Somalia italiana foi aumentada coa inclusión de 200 000 km2 de territorio etíope: o Ogadén, poboado por somalís.[1]
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Posteriormente, no verán de 1941, na Somalia italiana foi incluída a Somalia británica e algunhas zonas poboadas por somalís da Kenya oriental, conquistadas polos italianos ao inicio da segunda guerra mundial.[2][3]
Deste xeito, todos os somalís quedaron unificados baixo o mando italiano na Somalia italiana. A única excepción era a parte oriental da pequena Somalia francesa, centrada ao redor da cidade de Djibuti.[4][5]
Este territorio, de 702 000 km2 e con capital en Mogadixo, foi chamado por Mussolini a Gran Somalia, e existiu entre agosto de 1940 e abril de 1941, cando exército italiano foi derrotado polos británicos.
Despois da segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Despois da segunda guerra mundial esta unión política foi rota polos británicos, e agora a "Gran Somalia" refírese soamente a unha rexión xeográfica e étnica de África.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Il Razionalismo nelle colonie italiane 1928-1943. La «nuova architettura» delle Terre d’Oltremare». Capitolo II. Le politiche territoriali e urbanistiche del Fascismo nelle colonnie. 3. L’Eritrea e la Somalia Arquivado 07 de abril de 2020 en Wayback Machine., p. 64.
- ↑ Fabiani, R (2010).
- ↑ Somalie: le spectre de la «guerre des bandits» en SlateArique (en francés).
- ↑ Foucher, Michel (1991): Fronts et frontières. Un tour du monde géopolitique. Paris: Fayard, p. 175
- ↑ Malécot, Georges (1973): "La France à Djibouti, les raisons d’une présence" Le Mois en Afrique (Revue française d’études politiques africaines), n° 85, pp. 38-53.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aidid, Mohammed Farah & Satya Pal Ruhela (2001): Somalia: From The Dawn of Civilization To The Modern Times. Civic Webs Virtual Library.
- Fabiani, R (2010): La guerra dell'Ogaden e la fine della Distensione. Gans editions.
- Petrides, Pierre (1983): The Boundary Question between Ethiopia and Somalia. New Delhi.
- Samatar, Said S., ed. (2005): Somalia Country Studies. Federal Research Division of Library of Congress.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Somalia-Ethiopia, Kenya Conflict (en inglés).
- A picture Somaliland’s unionists hate[Ligazón morta] en Somalia online (en inglés), (en somalí).