Djibuti (cidade)
Ville de Djibouti (fr) جيبوتي (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Djibuti | ||||
Regiões (pt) | Djibouti Region (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 603.900 (2018) | ||||
Xeografía | |||||
Bañado por | Golfo de Tadjoura (pt) | ||||
Altitude | 14 m | ||||
Creación | 1888 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | DJ-DJ | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 5 de xaneiro de 2015 | ||||
Identificador | 5958 | ||||
Djibuti é a capital do estado homónimo sito no nordeste de África e unha cidade portuaria fundada polos franceses en 1888. A súa poboación, consonte estimacións do ano 2005 era de 542.000 habitantes. Entre 1892 e 1977 foi a capital da colonia da Somalia francesa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está localizada sobre o Golfo de Tadjoura, que é unha porción do Golfo de Aden e ao sur do Estreito de Bab el-Mandeb.
Djibuti é o termo do Ferrocarril Etíope que parte desde Addis Abeba e porto franco para Etiopía, que non ten saída ao mar. Os produtos principais de exportación do porto de Djibuti son o sal e máis o coiros.
Está atravesada polo uadi ou río temporal de Ambouli, que divide a cidade vella do barrio de Balbala.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Ademais do citado Ferrocarril Etíope que a une coa capital do veciño estado de Etiopía, e do porto marítimo, do cal parten ferry-boats para Obock e Tadjura, a cidade posúe o aeroporto internacional Djibuti-Ambouli.