Bandeira de Somalia
Bandeira de Somalia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 12 de outubro de 1954 |
Cores | Celeste Branco |
A bandeira de Somalia foi adoptada o 12 de outubro de 1954. Consiste nun fondo de cor azul claro no que figura, na súa parte central, unha estrela de cinco puntas de cor branca.
A bandeira de Somalia foi deseñada por Mohammed Awale Liban. É da mesma cor que a usada polas Nacións Unidas xa que se decidiu ofrecer un recoñecemento á organización internacional pola axuda prestada no seu proceso de independencia respecto a Italia.
As cinco puntas da estrela branca simbolizan as cinco áreas habitadas por somalís: Somalilandia Británica, Somalilandia Italiana, Somalilandia Francesa (Yibuti), Ogaden (en Etiopía) e o Distrito da Fronteira Setentrional de Kenya.
Coa caída da monarquía etíope en 1975 o goberno de Somalia aproveitou a desorganización existente e a guerra de Eritrea para apoiar un movemento pola independencia da parte Oriental de Etiopía (Ogadén) e a súa posterior unión a Somalia. O movemento fracasou grazas á axuda militar soviética e cubana a Etiopía. Dirixiu a loita a Fronte de Liberación de Somalia Occidental cuxa bandeira é verde e vermella en dúas franxas verticais: o verde é a cor dos musulmáns (que son maioritarios entre os somalís) e o vermello é polo sangue; a estrela simboliza ó pobo.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira do estado federado dos Somalí (1994-2008)
-
Bandeira da Fronte de Liberación de Somalia Occidental 1975-1976
-
Bandeira da Fronte de Liberación de Somalia Occidental 1976
-
Bandeira da Fronte de Liberación de Somalia Occidental 1976, variante
-
Bandeira da Fronte de Liberación de Somalia-Abo 1976