Bandeira de Ghana
Bandeira de Ghana | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1957 |
Cores | Verde Vermello Amarelo Negro |
A bandeira de Ghana é un dos símbolos nacionais do país. Inclúe as cores panafricanas e unha estrela negra de cinco puntas.
Historia
[editar | editar a fonte]A bandeira foi deseñada por Theodosia Okoh para substituír a Bandeira do Reino Unido despois de acadar a independencia en 1957. Despois de Etiopía, Ghana foi o segundo estado africano en adoptar as cores vermella, amarela e verde.
Están dispostas en bandas horizontais iguais, coa estrela no centro da banda amarela. O vermello representa o sangue das persoas finadas nas guerras pola independencia; o amarelo representa a riqueza mineral do continente; o verde simboliza os bosques e a riqueza natural. A estrela negra representa a liberdade de África.
Entre 1964 e 1966 foi substituída cunha variante na banda central, mudando o amarelo polo branco.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Pavillón da Forza Aérea de Ghana.
-
Pavillón da Aviación Civil.