Bandeira de Níxer
Aparencia
Bandeira de Níxer | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 6:7 |
Adopción | 23 de novembro de 1959 |
Cores | Laranxa Branco Verde |
A bandeira de Níxer foi adoptada en 1959, despois de acadar a súa independencia de África Occidental Francesa. A banda superior alaranxada representa a rexión do norte do Deserto do Sáhara, a banda central branca representa pureza, e a banda inferior verde representa esperanza ó igual que as terras fértiles do sur de Níxer. O círculo alaranxado na banda central representa o sol.
É moi semellante á bandeira da India, xa que ambas teñen as mesmas cores.