Bandeira de Liberia
Aparencia
Bandeira de Liberia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 10:19 |
Adopción | 26 de xullo de 1847 |
Cores | Azul Branco Vermello |
A bandeira de Liberia é moi semellante á bandeira dos Estados Unidos de América. Ambas están compostas por varias franxas vermellas e brancas pero no caso da bandeira de Liberia son once e na estadounidense figuran trece. O cuadrante superior máis próximo ó mastro é de cor azul pero só contén unha estrela branca de cinco puntas no seu interior.
A semellanza coa bandeira estadounidense reflicte que o país se formou con antigos escravos procedentes dos Estados Unidos. As once franxas representan os once asinantes da Declaración de Independencia de Liberia e as cores vermella e branca simbolizan a coraxe e a excelencia moral. A estrela branca alude á liberdade obtida polos antigos escravos sobre o azul que simboliza, a terra africana.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de Liberia (1827-1847)
-
Bandeira do Servizo de aduanas de Liberia