Bandeira de Burkina Faso
Bandeira de Burkina Faso | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 4 de agosto de 1984 |
Cores | Vermello Amarelo Verde |
A bandeira de Burkina Faso está formada por dúas franxas horizontais de igual ancho, de cor vermella a superior e verde a inferior, cunha estrela amarela de cinco puntas no centro da bandeira. As cores son as do pan-africanismo (que se basean nos da bandeira de Etiopía), aínda que tamén representan a revolución socialista (o vermello) e a fecundidade da terra de Burkina Faso (o verde), mentres que a estrela amarela representa a luminosa guía da revolución.
Esta bandeira foi adoptada o 4 de agosto de 1984 e deseñada polo daquela presidente Thomas Sankara.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]O actual territorio de Burkina Faso independizouse de Francia o 1 de agosto de 1960 baixo o nome de Alto Volta. A bandeira deste estado era unha tricolor formada por tres franxas horizontais. As cores negro, branco e vermello representaban os tres principais brazos do río Volta que cruzaban o país (o Volta Negro, o Volta Branco e o Volta Vermello).
A bandeira foi abolida cando se adoptou o nome de Burkina Faso.