Bandeira de Guinea-Bissau
Aparencia
Bandeira de Guinea-Bissau | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 24 de setembro de 1973 |
Cores | Vermello Verde Negro Amarelo |
A bandeira de Guinea-Bissau foi adoptada en 1973 tras obter a independencia de Portugal. Está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño e unha vertical coas cores panafricanos: Vermello, verde e amarelo. Na franxa vertical está representada a "Estrela negra africana". A cor vermella lembra ós que morreron pola independencia, o verde ós bosques e á agricultura, e o amarelo ó ouro e a riqueza do país. O seu deseño baséase no da bandeira do (PAIGC).