Saltar ao contido

Bandeira de Togo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Togo
Bandeira de Togo
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción27 de abril de 1960
Cores     Verde     Branco     Amarelo     Vermello

A bandeira de Togo foi adoptada o 27 de abril de 1960 e foi deseñada polo Paul Ahyi e ten unhas proporcións practicamente áureas (3:5).

Descrición

[editar | editar a fonte]

A bandeira de Togo consta de cinco franxas horizontais iguais e de cor verde (parte superior e inferior) alternando co amarelo. No extremo superior esquerdo (do lado do pau) hai un cadrado vermello sobre o que aparece unha estrela branca de cinco puntas. A bandeira emprega as cores panafricanas, do mesmo xeito que a bandeira de Etiopía, aínda que o deseño da bandeira togolesa aseméllase ao da bandeira de Liberia, a cal faise eco á vez da bandeira dos Estados Unidos.

Cores e significado

[editar | editar a fonte]

As cores da bandeira de Togo teñen os seguintes significados:

  • Verde: significa esperanza na agricultura.
  • Amarelo: a fe no traballo, a estrela é a pureza.
  • Vermello: a claridade, a fidelidade e o amor.

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]