Bandeira de Mauricio
Aparencia
Bandeira de Mauricio | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 12 de marzo de 1968 |
Cores | Azul Vermello Amarelo Verde |
A bandeira nacional de Mauricio foi adoptada despois da súa independencia, o 12 de marzo de 1968. Consta de catro franxas horizontais do mesmo ancho e cores consecutivas vermello, azul, amarelo e verde.
Cores
[editar | editar a fonte]O significado das cores é o seguinte:
- Vermello: polo sangue derramado na loita pola independencia.
- Azul: o océano Índico, no medio do cal se encontra Mauricio.
- Amarelo: a nova luz que brilla sobre a independencia da illa e o seu sol dourado.
- Verde: a exuberante vexetación da illa.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]A bandeira civil (privativa para os buques) e o estandarte gobernamental (para os buques do Estado) son bandeiras de cor vermella e azul respectivamente, cada unha coa bandeira nacional no cantón e o escudo de armas de Mauricio na marcha.
O estandarte empregado polos buques de vixilancia costeira posúe un deseño infrecuente que consiste en franxas verticais vermellas, brancas e azuis de ancho desigual cun emblema en forma de áncora no centro.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]-
Bandeira colonial (1906-1923)
-
Bandeira colonial (1923-1968)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maurico en Flags of the World (en inglés)