Saltar ao contido

Green Jellÿ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Green Jellÿ
Green Jellÿ en 2010
OrixeBuffalo, Nova York
Hollywood, California,
Período1981 - 1995
2008 - presente
Xénero(s)comedy rock, heavy metal, punk rock, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)Zoo Entertainment, Volcano, Originology, Cleopatra, Rotten
MembrosBill Manspeaker
Artistas relacionadosTool, Gwar
Na rede
greenjellosuxx.com
Facebook: GreenJelloSuxxLive MySpace: greenjelly Spotify: 6dyxkRwYuTw6ezj1tjC2rY iTunes: 396623 Musicbrainz: f291ffa8-891c-46ae-ba5e-fd3c53db56f0 Songkick: 187054 Discogs: 264573 Allmusic: mn0000185543 Deezer: 3110 Editar o valor en Wikidata

Green Jellÿ é unha banda estadounidense de comedy rock formada no ano 1981. Orixinalmente chamada Green Jellö, a banda cambiou o nome debido a presións legais por parte de Kraft Foods Inc., dona da marca Jell-O, que afirmaba que infrinxía a súa marca comercial.[1] A pesar da diferenza na escrita, os vello e o novo pronuncianse do mesmo xeito.

Coñecida polo seu humor pueril, as súas actuacións teatrais, e unha musicalidade intencionadamente crua, Green Jellÿ tivo centos de membros durante a súa existencia, co vocalista Bill Manspeaker sendo o único membro constante.[2] Entre todos os músicos que pasaron pola banda destacan os futuros músicos de Tool Danny Carey e Maynard James Keenan, que estiveron en Green Jellÿ a principios dos anos 90.[3]

Ata a data a banda leva publicados cinco álbums de estudio: Triple Live Möther Gööse at Budokan (1989), Cereal Killer Soundtrack (1993), 333 (1994), Musick to Insult Your Intelligence By (2009), e Garbage Band Kids (2021). O grupo é famoso sobre todo polo seu éxito de 1992 "Three Little Pigs".

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Triple Live Möther Gööse at Budokan 1989 February 29th Records
Cereal Killer Soundtrack 1993 Zoo Entertainment
333 1994 Zoo Entertainment
Musick to Insult Your Intelligence By 2009 Rotten Records
Garbage Band Kids 2021 Cleopatra Records
  1. "Green Jelly - Biography". Billboard. 2017-01-25. Archived from the original on 25 de xaneiro de 2017. Consultado o 2022-01-08. 
  2. Callwood, Brett (2017-12-19). "Green Jelly Currently Has 781 Active Members. Let Us Explain". LA Weekly (en inglés). Consultado o 2022-01-08. 
  3. "WATCH: Maynard James Keenan and Danny Carey Reunite With Green Jelly Live For "Three Little Pigs" -". mxdwn Music (en inglés). 2014-05-12. Consultado o 2022-01-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]