Grupo Ocaso
Grupo Ocaso | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Data de fundación | 1920 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.ocaso.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ocaso SA Cía. Seguros e Reaseguros é unha compañía de seguros española de orixe galega que ten a súa sede en Madrid.[1] Fundouse en Vigo en 1920[1] por Ramón D'Ortega y Hervella, herdada posteriormente polo seu xenro Santiago Castelo Cortés e pola súa neta Isabel Castelo D'Ortega.
Características
[editar | editar a fonte]Ocaso, xunto con Seguros Santalucía, é unha das empresas con maior presenza no sector funerario en España, segundo a clasificación ICEA[2] de 2015. Con Catalana Occidente e Mutua Madrileña é das maiores aseguradoras españolas non dependentes ou directamente relacionadas con unha entidade financeira (banco, caixa de aforros...) ou unha multinacional aseguradora.
O seu logotipo inicial era unha posta de sol sobre o mar, e pódese ver nos seus edificios principais. A finais dos anos 90 simplificouse pasando a un deseño estilizado, recollido de cando en vez nun cadrado de bordos redondeados que emprega hoxe en día. En 2007 promoveu unha campaña publicitaria con soles en miniatura para difundir o seu novo slogan, “O Sol da Tranquilidade”, que a compañía segue a utilizar até hoxe.
O Grupo Ocaso está formado por dúas sociedades: Ocaso S.A. de Seguros e Reaseguros e Eterna Aseguradora SA Compañía de Seguros e Reaseguros.[3]
En 2015, a empresa AM Best, especialista en análise e valoración da solvencia e capacidade financeira das compañías de seguros, deulle a cualificación de A (excelente).[4]
Sedes
[editar | editar a fonte]A empresa conta con varias sedes salientables: a social da rúa Princesa (neoclásica), Madrid; a sede comarcal da Comunidade de Madrid no tamén edificio neoclásico da rúa Carranza, Madrid; a sede de Andalucía na rúa Alisios, Sevilla; a sede galega na rúa Cantón Pequeno, A Coruña; a sede de Santander (neoclásica) e a sede de Cataluña na Gran Vía de les Corts Catalanes, Barcelona.[1]
En 1988 abriu unha filial para operar directamente no Reino Unido.
Problemas xurídicos e dos medios
[editar | editar a fonte]Catro directivos de Ocaso foron imputados en 2008 nun caso de suborno para cambiar o uso da súa sede da rúa Princesa, en Madrid.[5] En xullo de 2015, un xulgado de Madrid solicitou a apertura de xuízo oral contra 32 funcionarios e empresarios acusados de formar parte dunha trama que subornaba a traballadores públicos do Concello de Madrid a cambio de licenzas para establecementos de lecer e comercio, segundo indicaron diversas fontes.[6] [7]
A Audiencia provincial de Madrid ditou o 19 de xuño de 2017 unha sentenza na que absolveu a todos os acusados, incluídos os catro directivos de Ocaso, de todos os delitos dos que lles acusaron a Fiscalía e o avogado do concello de Madrid, que recorreron esta decisión ao Tribunal Supremo.
O TS, en sentenza do 27 de xuño de 2018, desestimou estes recursos, polo que a sentenza absolutoria dos directivos de Ocaso ficou firme e definitiva.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia". Información Corporativa. Ocaso. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2016. Consultado o 26 de abril de 2016.
- ↑ "ICEA - Ranking Total Seguro Directo. Grupos. Enero a Diciembre 2015". Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Empresas del grupo". Información Corporativa. Ocaso. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2016. Consultado o 26 de abril de 2016.
- ↑ INESE (ed.). "A.M. Best confirma en ‘A’ (Excelente) la calificación de OCASO". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ Roberto Tamayo (30 de julio de 2008). "Cuatro directivos de Seguros Ocaso implicados en el "Guateque"". El País.
- ↑ "El 'caso Guateque' va a juicio: claves de la mayor trama de corrupción municipal en Madrid". 20Minutos. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "La juez abre el juicio oral de la ‘operación Guateque’". El País. 21 de xullo de 2015. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "STS 678-2018, 27 de Junio de 2018" (en castelán). Consultado o 2023-03-14.
- ↑ Así se recolle na páxina web do Consello Xeral do Poder Xudicial ( http://www.poderjudicial.es/search/index.jsp ) e no ROJ no: 2290/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grupo Ocaso ![]() |