Gryllotalpidae
Gryllotalpidae Rango fósil: Cretáceo - presente | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Gryllotalpa brachyptera | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
![]() |
Os Gryllotalpidae son unha familia da orde dos ortópteros.
Descrición[editar | editar a fonte]
Teñen entre 3 e 5 centímetros de lonxitude, con grandes ollos redondos e patas dianteiras similares a pas, desenvolvida para escavar e nadar. Amais poden voar, chegando a desprazarse os exemplares adultos até 8 km durante a época de apareamento. Están activos a maior parte do ano, pero pasan o inverno hibernando. Os exemplares máis novos teñen as ás máis curtas, e a súa aparencia varía dependendo da especie, asemellándose con algúns saltóns ou formigas moi grandes, ou, mesmo se as ás son moi pequenas, con térmites de cor escura.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Grilo_ceboleiro_e_avespa1.jpg/200px-Grilo_ceboleiro_e_avespa1.jpg)
Son bastante comúns, pero son pouco vistos por seren nocturnos e desenvolver boa parte da súa vida en grandes sistemas de túneles. Son omnívoros, comendo larvae, vermes, raíces, e herbas. Entre os seus predadores están os paxaros, ratos, e raposos, e as avespas comen os seus cadáveres. Larra bicolor é un parasito do xénero Scapteriscus.
Amplifican o seu canto coa axuda dun corno de dobre saída, que actúa como un megáfono[1]. Están presentes en todos os continentes agás na Antártida, se ben nalgunhas zonas o seu número descende por mor da erosión e a destrución do hábitat. Adoitan ser considerados pragas. No leste de Asia ás veces se utilizan como alimento humano (fritos).
Xéneros[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/MoleCricketLyd.png/400px-MoleCricketLyd.png)
- tribo Gryllotalpini
- tribo Scapteriscini
- tribo descoñecida (fossil taxa)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ (Dawkins, The Selfish Gene, pg. 63)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gryllotalpidae |