Guccio Gucci
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1881 Florencia, Italia |
Morte | 2 de xaneiro de 1953 (71 anos) Milán, Italia |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, deseñador de moda, modisto |
Familia | |
Fillos | Aldo Gucci, Maurizio D'Ancora |
Sitio web | gucci.com |
Guccio Gucci, nado en Florencia o 26 de marzo de 1881 e finado en Milán o 2 de xaneiro de 1953, foi un prestixioso deseñador de moda italiano, fundador da firma de moda Gucci.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1906 fundou Gucci, a cal comeza sendo unha talabartaría en Florencia. Por razóns descoñecidas, Guccio mudouse a París e máis tarde a Londres, onde traballou como Maitre no Hotel Savoy. En 1920 regresou a Italia, e nese mesmo ano abriu en Florencia a primeira tenda cun pequeno capital en Florencia.
O éxito inicial de Guccio debeuse á calidade artesá das súas peles. Durante os primeiros anos a súa clientela orixinal consistía de xinetes ós cales lles vendía accesorios de coiro. A medida que a clientela se volveu máis sofisticada, o mesmo lle ocorreu ós seus produtos. Introduciuse tamén na venda de equipaxes de luxo, converténdose no equivalente á firma Louis Vuitton en Francia.
Os seus catro fillos (Aldo, Ugo, Vasco e Rodolfo) encargaranse de expandir a firma e abrir novas tendas en Florencia, Roma e Milán.[1] O recoñecido dobre G de Gucci foi introducido ó mercado por primeira vez despois da segunda guerra mundial. Despois da segunda guerra mundial, a firma foi nomeada Guccio Gucci srl, conservando o mesmo nome ata a morte de Guccio en 1953. En 1982 mudou o nome por Guccio Gucci spA.
Faleceu en 1953, ano no que os seus fillos Aldo e Rodolfo abriron a primeira tenda Gucci no estranxeiro, na cidade de Nova York.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]