Guende, A Baña, A Baña
Guende | |
---|---|
Parroquia | A Baña |
Concello | A Baña |
Coordenadas | 42°57′25″N 8°45′57″O / 42.9569, -8.7657 |
Poboación | 20 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Guende é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase na ladeira dun monte de pendente acusada. Linda ao sur con Xasoso.
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña 20 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 9 eran homes e 11 eran mulleres. No 2009 eran 22 persoas: 10 homes e 12 mulleres.
Paisaxe[1]
[editar | editar a fonte]A tipoloxía da aldea é un núcleo concentrado, non tradicional, existindo unha alternancia de casas rurais de pedra con vivendas novas, ambas con numerosos anexos. Cara ó exterior do núcleo atópanse vivendas tipo "chalet".
Pódese encontrar alpendres de pedra, bloque ou ladrillo, de grandes dimensións para animais de granxa coma ovellas ou galiñas, para maquinaria agrícola, apeiros de labranza, almacén ou garaxe.
Existen 11 hórreos catalogados, algúns nun mal estado de conservación.
Existen pequenas hortas, árbores frutais e vides. Fóra do núcleo aparecen pastos e milleirais e xa máis lonxe piñeiros, eucaliptos e carballos.
Servizos urbanísticos[1]
[editar | editar a fonte]Servizo | Tipo |
---|---|
Abastecemento de auga | Traída e pozo de barrena |
Saneamento | Pozo negro |
Electricidade | Si (Aérea) |
Iluminación pública | Si |
Telefonía | Si |
Recollida de lixo | Si |
Transporte | Non |
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Baña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso |
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - Estudo do medio rural" (PDF).