Vilarnovo, A Baña, A Baña
Vilarnovo | |
---|---|
Parroquia | A Baña |
Concello | A Baña |
Coordenadas | 42°57′33″N 8°46′29″O / 42.9591, -8.7748 |
Poboación | 18 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vilarnovo é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase nunha ladeira dun monte de pendente acusada descendente, dirección leste. Linda ao oeste con Canlís.
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña 18 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 8 eran homes e 10 eran mulleres. No 2009 eran 21 habitantes: 12 homes e 9 mulleres.
Paisaxe[1]
[editar | editar a fonte]Núcleo de tipoloxía semitradicional concentrado. Predomina a vivenda nova e tipo chalé, sobre a tradicional, bastante deterioriada, abandonada ou en ruínas.
Existen 5 hórreos catalogados.
Cerca das vivendas existen pequenas hortas, árbores froiteiras e vides. A maioría das terras dedícanse a pastos para o gando caprino e ovino. Fóra do núcleo aparecen castaños, carballos, eucaliptos e piñeiros.
Servizos urbanísticos[1]
[editar | editar a fonte]Servizo | Tipo |
---|---|
Abastecemento auga | Pozo de barrena e minas |
Saneamento | Pozo negro |
Electricidade | Si |
Iluminación pública | Si |
Telefonía | Si |
Recollida lixo | Si |
Transporte | Non |
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Baña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso |
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).