Guillaume Legrant
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1405 (Gregoriano) ![]() |
Morte | 1449 (Gregoriano) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Guillaume Legrant, coñecido tamén como Wilhelmus Legrant ou polo seu patronímico Guillaume Lemacherier, nado cara a finais do século XIV e finado despois de 1456, foi un compositor francoflamengo pertencente á escola de Borgoña. Semella non ter ligazón ningunha co seu homónimo Johannes Legrant, coetáneo e adscrito á mesma escola musical.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guillaume Legrant aparece nos rexistros eclesiásticos en 1405, cando era neno do coro na catedral de Bourges. Entre 1407 e 1410 figura como esmoleiro na mesma sé.
En outubro de 1418 Legrant está en Roma e entra ao servizo do papa Martiño V como chantre do cabido na capela papal, onde fica ata 1421. Posteriormente, ocupou diversos postos na diocese de Rouen cara a 1446. Exerceu tamén como chantre da capela do duque Carlos I de Orleáns en Blois entre 1455 e 1456.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Guillaume Legrant escribiu música tanto sacra como profana, da que hoxe se conservan sete composicións: tres de música sacra, principalmente misas (credo e gloria), que están entre as primeiras en distinguir entre o solo e a coral polifónica; e catro composicións profanas, todas elas virelais, que respectan o estilo de poemas de forma fixa.[3]
Virelais a tres voces
[editar | editar a fonte]- Pour l'amour de mon bel amy.
- Ma Chiere mestresse et Amye.
- Or avant, fillettes de gentilz.
- Si vous saviez.
Misas a tres voces
[editar | editar a fonte]- Gloria.
- Credo (I).
- Credo (II).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Notas biográficas sobre Guillaume Legrant en Allmusic.com.
- ↑ Guillaume Legrant (fl. 1419-46). En Hoasm.org
- ↑ Composicións de Guillaume Legrant en Allmusic.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gustave Reese. Music in the Renaissance. Nova York, WW Norton & Co., 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Legrant, Guillaume. En Encyclopédie Larousse.